Translate

lunes, 11 de noviembre de 2019

Ollando de esguello I: IX Memorial Tito Silva. Encontro de Embarcacións Clásicas e Tradicionais

Ollando de esguello I:
IX Memorial Tito Silva. 
Encontro de Embarcacións Clásicas e Tradicionais




data: 06 de outubro.
lugar: Porto de Cambados
hora: 12:00h


imaxes: Rubén Gonzalez






Imos iniciar un resumo da tempada deste pasado verán empezando polo final, en concreto co domingo 06 de outubro, día no que se celebrou en augas de Cambados a novena edición do Memorial Tito Silva coa participación de barcos chegados do Grobe, Illa de Arousa e o mesmo Cambados.





Como sempre, este evento está organizado pola tripulación da dorna de tope Airexa e os familiares de Tito Silva se ben, este ano contou coa colaboración da Asociación de Vela Tradicional Cambados que aprobou integrar este evento entre as súas principais actividades.

Dorna de tope "Airexa". Vela Tradicional Cambados.

A Xornada:


Amenceu o día con nubes e ausencia de vento, unha situación que iría mellorando ao longo das horas e ao media día, as velas das embarcacións empezaban a incharse desprazando as proas até a baliza verde das Meáns cun lixeiro vento de través. Ao realizar o primeiro viraxe, os barcos dispuxéronse en ringleira nunha bolina de norte até a baliza do Ourido xa cun ceo despexado e lucindo un bonito sol que alegraba a travesía.


 


  





 





Para entón, a Miña Miniña de Fabián Garrido encabezaba unha bonita e variada flota de embarcacións de todo tipo de eslora, aparello e clase.  



A Miña Miniña.(Asoc.Dorna Meca)

dornas:
A Irmandiña.(Asoc.Dorna Meca)

A Meca. (Dorna Meca)

A Julicheira. Clube Mariño Salnés-Cambados.



A Muller de Balboas. Clube Mariño Salnés-Cambados.


A Toxiña. Asoc. A Torre-Cambados.




A Lavanqueira. Asoc. Fasquía. Illa de Arousa.



  vela cruceiro:


 





















 

 
Beneteau de Dolores Abella.Vela Tradicional Cambados.


clásicos:

 




 e variados:



Karla. Clube Mariño Salnés-Cambados.


 

 

 

Xantar

 

A diferencia dos último anos, retomouse a comida ao aire libre na rúa Isabel II ao abeiro do bar de Lupe e a familia Pombo, que agradeceron a participación convidando ás tripulacións a unhas excelentes viandas a base de empanada, callos e fideos mariñeiros saídos da boa man para a cociña de Suso Pombo.
      






 














 


 
Unha sinxela e agradable xornada de navegación e convivencia mariñeira arredor dos barcos. 
Para o ano máis.





Agradecementos:

Ás tripulacións, armadores/as e asociación participantes:
-        Amigos da Dorna Meca (O Grobe)
-        Asociación Fasquía (Illa de Arousa)
-        Clube Mariño Salnés (Cambados)
-        Asociación A Torre (Cambados)
-        Vela Tradicional Cambados.
-             
    Ao cociñeiro Suso
    Aos/as voluntarios/as    
    A Rafa Padín pola labores de seguridade no mar, 
    e a Rubén Gonzalez polo cobertura gráfica e a cesión de imaxes para esta entrada.




Agradecementos especiais: 

a asociación Amigos da Dorna Meca do Grobe pola súa puntual contribución con este evento, pola súa numerosa flota, os seus patróns/nas e tripulacións en xeral.   

Un prazer contar con vos.












1 comentario:

kashifkhatri dijo...

They must be very durable to withstand unfavorable weather conditions – high temperatures and sun’s UV rays, and also constant moisture and exposure to water. We presented some of the boat carpet carpets you can easily install yourself, and we’ll also discuss important features like weight and size among others in the buying guide below.