Imaxe: Xabier Leonet |
Blues na bañeira
Batendo ás,
achegueime á ribeira na procura dalgún molusco.
Cando acadei a praia
xa o día tiña contemplado moita gaivota
peteirando nas algas que se estenden
ao longo da liña de flotación intermareal.
Pasei polo comedeiro das gaivotas cara o mar,
con ollos aínda pitoños e
arrefrías as mans.
As ondas do mar chegaban escumosas de aloumiño
traendo os
froitos do mar en cuncheiros de nácara
i ensaladas de bocho mesturadas con algún reboutallo de ferruxe.
i ensaladas de bocho mesturadas con algún reboutallo de ferruxe.
Guichei por onde o mar folgaba na procura dos moluscos
de sal nos beizos da nenez
e soterrei os dedos na area como francadas rabuñando o tempo.
e soterrei os dedos na area como francadas rabuñando o tempo.
Dos
primeiros arrastres levantei apenas xabre
xunto con esqueletos diminutos de cunchas
deshabitadas.
Decote penetrei no mar até os ombreiros,
mergullándome coma cormorán en captura,
sen decatarme que a resaca da marea turraba de min
polos sumidoiros atlánticos.
polos sumidoiros atlánticos.
Nadei con forza, teimudo coa enxurrada,
gravitando na densidade azul fluorescente das sales de baño
nun derradeiro esforzo por atopar a argola
do desaugue oceánico.
Mentres, dende a superficie,
a voz serea do transistor pousado
no andel do baño
cantaba un blues.
Exidio Cuíñas
da serie "Contos Salgados", abril 2004 ©
No hay comentarios:
Publicar un comentario