Translate

lunes, 2 de octubre de 2017

12 x 2, 44 imaxes deste verán

De entre tanta imaxe recompilada durantes estes meses, vou escoller un par de ducias que considero representativas das actividades máis relevantes realizadas durante este verán tanto do Clube Mariño Salnés como dende a entidade colectiva da Asociación de Vela Tradicional Cambados.

Imaxe: Posta de sol na Ría de Arousa dende a Muller de Balboas. Cambados 2017





12 * 2 = 44 imaxes deste verán



A Julicheira
dorna polbeira

Oscar pintando o nome da Julicheira




Xan, retocando o folio




















Xan e Saúl preparando a dorna para botala ao mar


A Muller de Balboas
     dorna de tope


Miguel, Xabi e Oscar levando a dorna para o seu fondeo na Mariña Tradicional Porto de Cambados


 
Rafa e Miguel na travesía Cambados-Combarro con motivo do XIII Encontro EETT Galicia 2017.




Nati coa camiseta conmemorativa da Muller de Balboas.




Quiko e Oscar. Combarro 2017


A Sikamontes
dorna polbeira

Bruno argallando todo para botala ao mar.



Bruno e Xaquin na regata de Porto Meloxo. O Grobe




Regresando a terra no solpor.


       
       Rana
Nordic Folkboat


Arranxos no Rana. Portonovo 2017






Oscarín. Travesía a Palmeira


Saída con Beli, Ana e Javier. 




Olaia, tempo de descanso. Travesía Portonovo-Cambados




Navegacións e outras actividades colectivas.

O loro "Jipi" e a Muller de Balboas rumbo as Revenidas. Vilaxoán 2017.


 
Relaxación fronte a Carreirón (Illa de Arousa).

 

Esther e Xan na Julicheira. Ao fondo a Muller de Balboas. Carreirón 2017.



 









     










Cristal, Rubén, Miguel e Xaquin navegando no Rana polo costado do Unicornio.



Montaxe obradorio de carpintería de ribeira. Festa Corsaria Marín 2017.

Participación na Regata a remos da Valbanera.

     











Bea, Pilar e Silvia. Participación do CMS no Entroido 2017
 

Xornada de recollida de lixo no illote Areoso





Escola de Vela Tradicional
Asociación Vela Tradicional Cambados



A dorna de tope "Airexa" vista dende o Rana. Curso infantil 2017.



Esther e Rubén no Rana. Curso de adultos 2017.

 
Nuria e Luía a bordo do Unicornio (Bote de Ribadeo).



Dornas e loros da Escola fondeados fronte á praia de San Tomé. Cambados 2017.












Embarcacións da Torre, Clube Mariño Salnés e As Joritas na Escola de Vela Tradicional de Cambados. 


 Remate:

Até aquí unha escolma de imaxes que penso poden dar idea dun verán longo, que empezou alá polo no mes de maio co traslado das embarcacións colectivas para a chamada T do porto de Cambados, onde extraoficialmente as entidades de cultura marítima de Cambados A Torre, As Joritas e o Clube Mariño Salnés, veñen centrando as súas actividades ao abrigo da Asociación Vela Tradicional Cambados e a un tempo, localización física da reivindicada Mariña Tradicional Porto de Cambados. 

Durante estes meses, asistimos a regatas, concentracións, navegacións libres e sobre todo, organizamos conxuntamente por segundo ano consecutivo a Escola de Vela Tradicional Cambados en colaboración co Concello de Cambados e tamén, coa achega dos prototipos de embarcacións tradicionais chegadas dende a escola de carpintería de ribeira Aixola de Marín (Cetmar-Consellería do Mar). 
Un ano no que podemos dicir que incrementamos a masa social, medramos como colectivo e as horas de navegación en escola van aportando novos patróns, mulleres e homes que aceptan con naturalidade o compromiso de coidar un patrimonio vivo, a flote e en constante movemento.Certo que aínda está case todo por facer, seguimos sendo uns colectivos pequenos e certamente minoritarios pero en conxunto parecemos máis grandes e mesmo parece que vésenos un pouco máis. Na medida do posible e sempre dende a humildade, tentaremos seguir recollendo vontades que nos axuden a acadar novas metas e desenvolver aqueles proxectos que nos permitan medrar. Somos conscientes de que temos que ir pouco a pouco e tempo haberá de plantexar o Plan de Traballlo para o vindeiro ano, pero a día hoxe toca alegrarse do feito ao longo deste verán e salientar o esforzo colectivo.

Ánimo, forza e moita salitre,

Soci@s do CMS botando ao mar a Muller de Baboas. Tragobe. Cambados, verán 2017

Agradecementos polas imaxes a alumn@s da Escola de Vela Tradicional de Cambados, aos colectivos A Torre, Clube Mariño Salnés e As Joritas e a todos os compañeir@s de travesías.


Sirva esta entrada para seguir a reivindicar unha MARIÑA TRADICIONAL para CAMBADOS.
 

No hay comentarios: