E como o prometido é débeda aquí van.
VII Regata das Illas Atlánticas
Imáxenes: Lino Prieto
O RANA en regata
Neste edición, e por segundo ano consecutivo, o RANA tamén acudio á cita de San Vicente acadando a segunda praza na clase Sálvora e a sexta posición na clasificación xeral da xornada do sábado. (O domingo non competimos por mor doutros compromisos de navegación).
imáxenes: www.desmarque.es
A Airexa de Cambados |
A Irmandiña de O Grobe |
O Rana izando velas antes de dar a saída |
O Rana en regata |
A Airexa Arosa X |
Folkboat Rana. (Clube Mariño Salnés-Cambados). Tripulación: Kube, Rafa e Xaquin. |
Clasificación xornada do sábado (Xeral e Clase Sálvora)
remate:
Foi unha fermosa Regata, con momentos de vento lixeiro e tamén de encalmadas, onde as tripulacións tiñan que esforzarse en axustar aparellos para quitar o máximo rendemento das embarcacións. O trazado sempre é espectacular e a visión das Illas de Sávora e Ons, o istmo da Lanzada e San Vicente xunto co puntal de Cabicastro, converten a esta Regata nunha navegación inesquecible.
E destacamos por suposto e trato que sempre nos dispensan os amigos e organizadores do Náutico de San Vicente e da Asociación de Barcos Clásicos e de Época (Agabace).
Voltaremos
No hay comentarios:
Publicar un comentario