Translate

sábado, 19 de enero de 2013

As Motoras no Grove


Como xa adelantamos hai uns dias en xaneiro tocaba actualizar o Boudevara, e nós teremos moitos defectos, pero trampóns non somos así que nos poñemos a elo. Nesta entrada quixera amosar un modesto traballo que realicei para a Revista Sustansia e que saiu publicado en abril de 2011. Como o Boudevara une virtualmente a dous elementos do Grove e Cambados non podiamos deixar de tratar aqui este tema.

Vivimos na era das comunicacións, hoxendía é o máis normal do mundo estar en contacto con persoas ou medios que están moi lonxe, consultar que tempo fai no destino das vacacións ou manter unha conversa, chatear, con un familiar ou amigo que se atopa a miles de quilómetros. Pero houbo un tempo non moi lonxano no que nin sequera as estradas facilitaban o desprazamento de persoas e cousas entre lugares certamente próximos.

Falaremos de un tempo no que o máis práctico e empregado foi o transporte marítimo, barcos e xentes que debuxaban liñas de babuxa entre os portos do mar de Arousa, tempos nos que o porto do Grove era punto de partida e regreso de liñas regulares de pasaxeiros, estes barcos coa paso do tempo foron bauitizados xenéricamente co nome de “Motoras”.

Non se coñece con exactitude a data na que comezou a actividade comercial do transporte de pasaxe no Grove, pero si que se garda memoria de que as primeiras embarcacións empregadas para esta laboura foron dornas xeiteiras, ou mecas, de ata dezaoito cuartas de quilla que navegaban a vela na liña O Grove-Cambados desde finais do século XIX, como foi a Conchita que os martes tamén ponía proa ao mercado de Vilagarcía e que estaba armada polo Sr. Gabino, como foi o caso da dorna Ramoncito, datada no ano 1900, propiedade de Ramón Dios e vendida en 1920 a Narciso Suárez Lojo, que a empregou na liña A Illa-Vilanova ata 1925. Tamén a principios dese século o Gran Hotel da Toxa dispoñía de dúas baleeiras de servizo dun barco ruso para ofrecerlle roteiros turísticos á súa selecta clientela, unha delas, a Rafaela, construía a tingladillo con 8 metros de eslora e dous paus, foi adquirida por Manuel Devesa Prol en 1920 que a destinou a transportar regateiras desde Castrelo, servizos como correo e paseos turísticos.
A implantación do motor no sector da pasaxe meca chegou cando en 1925 Servando Devesa armou un motor na Macaca, sendo esta a que lle dera a denominación xenérica ás embarcacións dedicadas a esta actividade, e que cubría a ruta ao Cambados da época, que por aquel entonces concentraba unha alta actividade comercial e cultural impulsada por Ramón Cabanillas ou Francisco Asorey, sen deixar de ter en conta que se trataba da capital do partido xudicial no que a curia eclesiástica e fidalga gozaban de especial protagonismo, é por isto que ao longo dos anos de existencia da pasaxe se mantivera esta liña e non foran tan frecuentes as rutas a Vilagarcía, Vilanova ou a Illa de Arousa.



 Maniobrando en Vilagarcía de Arousa, 1944

A finais dos anos 1920 entraba en escea a compañía formada por Eugenio Lois O Nisco e  Ramón Rey, á que mais tarde se incorporarían os seus cuñados José Domínguez O Villaro (meu bisavó materno) e Servando Devesa. Esta sociedade dispoñía de varias embarcacións, os pesqueiros Cachanegra e Cervantes, e o Mª Dolores que foi o primeiro barco que dedicaron á pasaxe. O Mª Dolores facía 4 viaxes diarios a Cambados, xa que era a “motora oficial” e cando menos debía completar a liña unha vez cada día para levar e recoller o correo para a vila do Grove que chegaba a Cambados. Os martes e sábados a súa ruta ampliábase ata Vilagarcía, xa que eran os días de maior actividade comercial ao celebrarse o mercado na cidade. Ocasionalmente facían tamén paradas intermedias na Illa de Arousa ou Vilanova.



Sr. Eugenio o "Nisco", armador, asomado pola ponte, arriba: Pepe "o Bo"



Na década dos 40 os armadores sustituen esta embarcación pola Toxa, unha lancha despachada para 150 pasaxeiros construída no Freixo na que armaron o motor do Mª Dolores coa que continuaron a súa actividade ata o 1969, ano no que remata a actividade das motoras no peirao grovense, cando só se realizaba o servizo martes e sábados a Vilagarcía e Cambados. Durante algún tempo a Toxa tivo a competencia da lancha de Muñiz, que realizaba traballos marítimos con mercancias e subministros que completaba con repartos terrestres, polo que cambiou o medio mariño por un camión co que se dedicou ao transporte por carretera. A portas da década dos 1970 foi vendida polo valor do seu cupo de gasoil e moreu desaparellada na zona da Seca, en Poio.


Outra motora da compañía de Sr. Eugenio


A Toxa, atracada en Cambados

Nos anos sucesivos o transporte marítimo de persoas na nosa vila limitaríase ao ámbito turístico, mantendo só de xeito estacional ata finais dos anos 80 a liña Pedras Negras-Ons no Ganges V que foi xestionado por diversas empresas e posteriormente destinado ao sector turístico nas Illas Canarias; e xa de xeito máis ocasional e tamén estacional a empresa meca Cruceros Rías Baixas dispoñía de unha liña na que o Ángel de Ría unía O Grove e Riveira nos veráns dos anos 90.


Ao fondo algunhas embarcacións dediacadas a pasaxe e charter, no Grove

Teño que agradecer a colaboración inestimable da señora Rita Lois "A Nisca" (filla do Sr. Eugenio) e tamén de varios dos meus tios-avós, todos eles octoxenarios e que tiveron a xentileza de atenderme e contarme todas estas cousas.

Para máis información recomendamosvos:
Foulas e ronseis. dionísio Pereira, Ed. Positivas

3 comentarios:

bou de vara dijo...

Gran traballo documental Lino, noraboa. Miña nai tenme contado, que chegado o San Martiño, collían a motora en Cambados para ir á festa do Grove, non faltaban nunca, ...tamén como non á Festa do Marisco. Belle Époque.

Joan Sol dijo...

Buen trabajo de recuperación del patrimonio inmaterial, Lino. Esos recuerdos y esas viejas fotos, a los que mucha gente hoy en día no da importancia, nos dicen quienes somos y de donde venimos, y mantienen vivas a las personas que vivieron aquellos hechos a través de los años. En Catalunya solemos citar un verso del poeta Joan Salvat Papasseit que canta Raimon en una de sus canciones y que dice: "qui perd els orígens, perd la identitat". Pues eso.

Contento de asomarme de nuevo a este blog. Saludos desde el Mediterráneo!

Lino dijo...

Gracias por tu visita Joan, este tema es bastante desconocido para la gente de mi edad y más jóvenes... En casa escuché hablar toda la vida de la "motora", uno de los hermanos de mi abuela tiene el apodo del barco en el que trabajaban con su padre (mi bisabuelo Antonio) el "Cachanegra", muchos años despues poco antes de la construcción del puente de la Illa de Arousa, uno de los hermanos de mi madre también trabajó en la motora que unia la isla al continente.
Es por esto, además de por su importancia cultural e histórica, por lo que le tengo cariño a este tema.