Translate

lunes, 24 de enero de 2011

NORDÉS



Saída: domingo 23 de xaneiro
Previsión: Vento forte do nordés






O bo tempo da fin de semana animounos para dar unha volta no RANA. Pola mañán había bastante frío, pero o sol do mediodía deixou unha temperatura aceptable para andar no mar.



Puxemos rumbo norte coa intención de pasar o día navegando na Ría sen parar en ningún porto. O vento era ideal a eso das dúas da tarde e non apatecía desembarcar.








A altura de Rúa, o vento foise coincidindo coa seca, das máis grandes do ano por certo. Máis co cambio da marea todo mudou e o Nordés apareceu como estaba previsto por riba da Curota.


Alto da Cutora pola amura de estribor



O RANA escoraba cos refachos e o mar empezaba a arbolar pola metade do canal.




Mercante atravesando o Canal










Xusto cando estabamos disfrutando cos cambios de bolina polo Canal, a maior rachou por un dos sables e inda por riba a driza da maior enganchouse na cruceta impedindo a recollida do aparello, así que tivemos que amarrala como poidemos contra a botavara e o pao.






Seguimos navegando co foque rumbo Cambados e ainda así o barco levaba unha escora considerable, para entón o Nordés xa nos votaba a súa furia cuspindonos de salseiros pola amura.




Navegando co foque



e coas cheves

Co abrigo de Xidoiros e Areoso a cousa foi a menos, pero rebasado o Galiñeiro o Nordés reapareceo e xa non nos deixou até chegar a Tragobe, cumprindo a lenda das “tres trompetas” antes de chegar a Cambados.





En fin, foi un día moi bonito para navegar, lástima da avería que nos deixou coas gañas de pelexar con todas as armas contra este Nordés de inverno, tan bravo e frío.






Saúdos á tripulación de hoxe: Bruno e Umberto.

10 comentarios:

Lino dijo...

vaia sarta de calamidades compañeiro

bou de vara dijo...

Esas calamidades pasan ao andar no mar. E coma sempre, de todo se aprende. Non é a primeira vez que me racha unha vela, pero esta vez quizás pudose evitar cun ris, ¡ou non!. De todas formas nese momento calquera se poñía a coller rises.
Chao compañeiro

andrea dijo...

Con ris ou sen el, se chego ir eu nesa aventura iba pola borda... Que medo de escora, de salseiros e de tripulasión! Aínda así, estaría disposta a asumir o risco, hehehe... Ben vivides, e tamén o meresedes. Digo eu!

bou de vara dijo...

Andrea, así que veña un día de vento rachado avísote que fai falta xente para facer banda.
Apertas

barcoantigo dijo...

Isso é que é qualidade de vida Xaquin. abraço desde Viana

bou de vara dijo...

Ola Joao, sempre é un pracer verte por aquí.
Unha forte aperta

queca dijo...

Mimá, sentidiño rapases, non vos vaia pasar algo. Boa idea o de levar a Andrea para facer banda (as aparencias enganan). Eu case sempre naveguei con ela e nunca nada malo me pasou ;)

Quen fixo as afotos? Xaquín, o Lino... hai un par delas que me encantan!

bou de vara dijo...

Ola Queca, seguro que a foto que te gusta e das chevechas, non?.
Pois nada, canda sexa preciso faser banda vindeslas dúas que últimamente moito home a bordo.
Apertas

queca dijo...

encantadísimas!

valdeni dijo...

http://vencereisempre.blogspot.com/

gostei do blog ! parabéns