Translate

lunes, 3 de enero de 2011

1ª DO ANO

01/01/2011
Rumbo: Palmeira

Situación: Comarca do Barbanza, entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
Concello: Ribeira.





O envite:

O derradeiro día do ano non quixo deixarnos sen lucemento persoal e así vestidiño de cores azuis claros e sol no peito, andivo a provocar as ansias perdidas despois de longos días de andar no escuro e transitar polo mollado doce.
- Que día para andar no mar-dixo alguén.
- Mañán vai quedar igual-dixo outro.
- ¿Saímos ló?.


O día:

Son as 10.30h do primeiro dia no novo ano, mentres imos para o pantalán de Tragobe contemplamos que as rúas están case totalmente despexadas de traxes de último día, zapatos de tacón extrafino e garabatas tortas. Xa en Tragobe o RANA agarda en silenzo o día no que os sons da natureza se escoitan tal cual.


O Rana en Tragobe

As 11 estamos saíndo, ou se cadra fuxindo, porque temos a sensación de estar roubando algo: un día sen horario, sen presas, sen compromiso, sen posto fixo na mesa das farturas, sen agobios..., sen nada.
Saímos sen molestar ao vento, non fose que nos delatase, asubiando tan só para sair do espigón cara o mar libre: na proa Salvora, na popa non sei.


Ao chegar ás Umias topamos unha airexa que xa non nos deixa até chegar a Palmeira



Decidimos ir a Palmeira, un sitio a onde nos gusta ir: pola travesía, polo porto, pola vila, polo traquilo e todo está a man.


Rumbo Palmeira


Umberto sinala por onde se vai a Palmeira mentres remexe na memoria historias do seus día no Gran Sol.


Mentres Umberto explica, Xurxo aproveita para descansar



e Rafa exclama: miña cabesiña onde me metín

A Travesía é un ritual de Faros (A Lobeira, As Umias...), de illotes (Areoso, Xidoiros) e a Illa de Rúa, que a deixaremos por babor, dende aquí un rumbo de 330º para entrar directos no porto de Palmeira.




Illa de Rúa

Vemos Palmeira

. Entrado en Palmeira

Estamos amarrados


Porto de Palmeira


Son as 14:00h., horas de tomarlle algo. Na terraza onde solemos parar, Xurxo ("Le Grand Artiste"), decátese do pictórico do espacio que nos rodea:

A terraza


Xurxo decatándose


Minimalismo


Animalismo


Simetrías


Asexmetrías


Grúanchs


Andergrúanchs


estructuralismo


andiamismo



e por suposto Trolismo


CALMACHICHA:



Para a volta non temos nin gota de vento, pero xa non importa porque estar no mar nese momento é un luxo.

Decidimos ir por dentro, polo paso interior:



Rumbo ó Igafa. Illa de Arousa

Polo paso interior, rebastal do Areoso


Paso por "Mesa de Con"


Aproximación á Lobeira

Ó pasar o Galiñeiro, a luz vai caendo e nos deixa un reflexos de cores que dan gañas de comelos.







E así imos chegando.

Cambados na proa

Almirante Xurxo







Chegamos


Chegamos a un novo ano. O feito de que sexa novo xa é moito.
Boudevara inicia o 2011 da mellor maneira, narrando unha travesía, e de igual xeito desexa a todos os amigos que parades por aquí e a todos os blogs do mar, que teñades moitos días de ledicia no presente ano.
Ata sempre e saúdos á tripulación de hoxe:
Umberto, Rafa e Xurxo.

5 comentarios:

queca dijo...

Vós si que sabedes empezar ben o ano... Feliz ano e que veña cargado de moitas e boas travesías! Bicos

siso dijo...

boa navegaçom e bo post! um saudo majetes

bou de vara dijo...

Ola Queca:
que se cumplan os teus desexos para este ano; e xa sabes, cando queiras empezar o ano no mar tes praza reservada no RANA. A vivir

Ei Siso,
moitas gracias e a portarse ben que veñen os Reis. Apertas

joão marinheiro dijo...

Olá Xaquin,
Fantástico começar o ano a navegar. Muito boa a reportagem sobre as andanças de um ladoa a outro, as fotos mesmo a jeito para nos dar uma visão plena.
Abraço a sul

bou de vara dijo...

Gracias Joao, apertas dende esta banda e que teñas un bo ano.