A noite do 16 de xullo, andaba a nosa flota nerviosa e impaciente pola celebración da I Varada de barcos Tradicionais en San Tomé. Aínda que o CMS xa ten os seus aniños e experiencia en organizar cousas e colaborar noutras, era a primeira vez que se ía facer esta Varada, que inicialmente pretendía ser o escenario de presentación da recuperación dunha réplica de Gamela de Cambados. Como xa explicamos no blog do CMS, esto non foi posible e teremos que agardar un pouco máis de tempo para voltar a ver unha embarcación desta tipoloxía navegando por augas de Cambados.
A Julicheira non daba collido o sono e imaxino que andaba a soñar cunha praia chea de barcos e velas de tipoloxías irmáns.
A Julicheira en San Tomé
Dorna "Nerea" da Asociación Calmoseira de Cambados, á carón da Julicheira.
Pola mañán, reunidos na sede social, recibimos a chamada de Lino Prieto (Amigos da Dorna Meca) anunciando a cancelación da Regata dos Faros do Grove por mor da previsión de fortes ventos do norte para a tarde. “Un pao” porque a Varada quedaba seriamente condicionada, tanto polas previsións de vento como pola cancelación da Regata, o cal impedía a realización da Travesía Grove-Cambados. De inmediato tomouse a decisión de manter a programación conscientes de que as cousas non ían sair como agardábamos, pero a xente viña preparada para navegar e as caixas de sardiña que nos dou a Confraría agardaban na neveira xa co sal.
Preparando para sair
Así que decidimos deixar a Julicheira amarrada e formar tripulación única na Muller de Balboas para disfrutar dun día de navegación. Sen rumbo fixo, saímos a dar bordos pola Ría: primeiro a Carreirón, despois ó Rego de Alcalde, seguidamente ó Bao para pasala Ponte da Illa, despois viñeron os bordos cara Vilanova e o Seixo, e finalmente parada en Vilaxoán que será porto de Encontro para o ano que ben.
Tres en liña
Os risos para as facianas
Comandante Kubeiro con mais roupa da habitual.
Foi o día do bautismo de mar para novos socios que se mollaron con algún salseiro, e tamén para convidados como Fernando da “Asociación Barcas do Minho”.
Mila Miser: ás escotas
Fernando: mariñeiro de reemplazo. (Moitas gracias pola molestia de asistir co carocho)
Sobre as 18.00h voltamos para Cambados, a cumprir coa programación do que quedaba da programada Varada, pois para esas horas xa tiñamos cancelado as actuacións musicais e animacións que estaban anunciadas no Cartel.
Rafa: mariñeiro profesional do cerco á caña na longa empopada á Cambados.
Chegamos a Cambados nun plis-plas cun ventiño constante do norte pola popa e varamos á Muller de Balboas na praia, triste e soa, ¡pobriña!. Por alí non se veía barco ningún, tan só as excepcións de Anxo (Amigos Dorna de Portonovo) que se achegou a San Tomé coa Bicoca, o Sr. José e mais o Carocho de Barcas do Minho, pero xa nin sequera baixaron os barcos do remolque.
A muller sozinha
A tarde caía e ollando para a dársena de San Tomé, pensabamos no bonito que sería ver entrar os barcos para varar na praia e izar as velas...., máis non foi así. ¡Que se lle vai facer!, exclamaban algúns; e o noso presi, insuflando ánimos respostou: Ala, a asar sardiñas.
Dornas cambadesas no solpor
E así se fixo, e co lume, o cheiro das sardiñas e o Vinho Canhero fúmonos animando e pouco a pouco esquecendo o total fracaso da Varada en San Tomé. A eso das 12 da noite xa non quedaban sardiñas e o persoal desprazoude até o centro a presenciar o último traballo de Treixadura, un grupo de música tradicional con moita impronta cambadesa.
E agora qué?. Nada, a seguir traballando e a agardar por tempos mellores.
Apertas a todos os membros do CMS.
Fotos: Mila Miser, Quico Alvarez e Boudevara.
5 comentarios:
Unha pena pero pasar, pasádelo de pinga!
saudinha...
Majete:
Está claro que nesta vida de todo se aprende e cada vivenza convida á reflexión, neste caso veume á cabeza que é unha putada que poñas moito traballo, e sobre todo moitísima ilusión en organizar algo para os demais (e para un mesmo) e que logo non saia ben, é como o de aplazar a regata nosa, que é unha putada e por riba as persoas que temos que tomar a decisión temos que escoitar as "opinións expertas" dos demais, que solo aparecen para opinar a posteriori pero non aportan nada no traballo previo, por norma xeral...
Tamén me ven á cabeza que haberá cousa de un ano nese mesmo emprazamento puido verse unha estampa maravillosa de dornas varadas, a barrer de dornas, co gallo do ano Cabanillas...
e con isto sigo a reflexionar, pero para os meus adentros, porque nesto deberíamos estar todos no mismo carro e tirando nunha mesma dirección.
que queres que che diga, temos que seguir, manter o ánimo e quedarnos co bo e coa boa xente que ten vontade e ganas e sabe pensar e obrar mais alá que do que lles ven dado.
Saúde Majete
Ola Andrea:
A verdade é que foi unha pena porque había moitas ganas de darlle caracter de cita obrigada a esta recen nacida Varada en San Tomé. Non pudo ser, a ver se para o ano saen mellor as cousas e nos vemos todos por Cambados. Ainda non colleches vacansias?. Apertas, bicos e achuchóns múltiples.
Sr Lino:
Vexote moi reflexivo. No CMS tamén teremos que reflexionar porque máis aló das condicións de vento, as cousas fallaron. Estou convecido de que noutras circunstancias o vento non sería maior problema, por iso non vale como escusa.
Polo tanto teremos que mirar cara adentro e facer autocrítica para tentar reconducir as cousas. Para min so ahi un camiño, seguir traballando e se conseguimos coherencia interna e continuidade se cadra co tempo virá o recoñecemento dos demáis. Pero eso ai que gañalo, pola miña banda paréceme correcto e acepto as reglas do xogo. Ai que encaixar as cousas como veñen e como son.
Para cando a regata dos Faros?. Moita sorte para a próxima vez.
hoxe reunimonos e non tratamos o tema, falamos de como facer no finde, que hai movida en Vilanova e mais en Riveira e reparteuse o choio.
supoño que antes de que remate a semana haberá que decidirse por unha ou outra data.
A min esta finde vaime tocar RANA que te criou. Non sei que fará a xente do CMS, as dúas propostas do fin de semana son atractivas pero seica a xente está un pouco liada con esto de sacar un peso no vrán. A ver
Publicar un comentario