Remata xa o mes de maio, moitas das embarcacións están xa no mar, e as que non navegan aínda están prontas para facelo.
A muller de Balboas volveu ao mar despois da súa invernada, ocasión que aproveitaron os majetes do Club Mariño Salnés para armar unha festa (como se nota que a todos nos justa), a dorna de tope chegou a Santo Tomé no seu carro e unha vez alí púxoselle o palo arriba, a vela drizada e a esperar pola marea. Tamén foi protagonista da xornada a dorna polbeira Nerea.
No Grove a cousa ándalle aí, este sábado os Amigos da Dorna Meca dábanlle mimos ao seu buque insignia, que tivo que ser reparado de unha desafortunada avaría provocada polo temporal de xaneiro, pero todo indica que o vindeiro fin de semana estea de novo no mar para seguir facendo millas mentres as dornas pequenas comezan co a súa temporada de regatas.
Barcos o mar e peixes na brasa!!
5 comentarios:
Saúdos a todos os que estivéchedes alí: Oscar, Rafa, Mile, Mila, Tano, Quico, Meis, as dúas Evas, Gerardo, Acha, Parda, Nando, Montse, Egidio, ... e tamén para ausentes por distintos motivos de traballo, jripe e demáis compromisos: Kube (O presi), Bruno, Ademar, Roni, Sixo, ..... empeza a tempada e toca sair a navegar e a formar novas tripulacións. Pronto irá ó mar a Julicheira, daquela agardamos contar con todo o equipo.
Apertas a todos, aos que estiveron e a aqueles que non poideron estar.
E saúdos a Lino pola entrada e a xente da Dorna Meca.
Gracias majete, nos ainda temos algo de choio pa deixar A Meca lista, falta empastar e lijar para pintar.
O sabado rascouse, soldámoslle a cadena do timón e uns ánodos de sacrificio (zincs) no quillote.
Tamén tuvemos tropa a traballar e iso é toda unha satisfacción.
vémonos o sábado na regata, ou que?
alí andaremos Lino
Os barcos volvem ao mar...Medram os braços a trabalhar...
abraço desde Viana
Joao, estas feito unha estrela de cine.
Saúdos paralá
Publicar un comentario