Translate

lunes, 7 de junio de 2010

CARRIL 2011



Carril ven de acadar o apoio da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), para organizar o
X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA 2011.
,
que se vai desenvolver enter os días 30 de xuño e o 1, 2 y 3 de xullo do vindeiro ano.
Alí estaremos.



Dende Boudevara felicitamos a toda a candidatura, encabezada polas asociacións Rompetimóns e a Asociación Náutica e de Cultura Marítima de Vilaxoán e co apoio da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol, o Círculo Artístico Deportivo Gato Negro, Mulleres Rurais, a Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía de Arousa.


Bote de Carril.
(Foto: rompetimóns.blogspot.com)

Neste caso, Carril presentábase por segunda vez cunha candidatura máis madura que no ano 2009, cando finalmente foi Muros a vila elexida. Agora aqueles tempos erroneos do pasado (no meu entender) nos que Carril deambulaba polos terreos fangosos da Federación Galega de Vela con aquel intento de reducir o Bote Tradicional de Carril a un mero artiluxio para regatear baixo unha regulamentación de plástico denominada Clase Bote de Carril, semellan lonxes, moi lonxes. Aquel invento case acaba con boa parte da cultura mariñeira carrilexa, pero agora a cosa trocou e moito, e os botes voltan a ter un futuro digno por onde navegar e lucirán máis que nunca acompañados do galeón Illa de Cortegada. (recoñecemento tamén para Pepin, director do Parque Nacional Illas Atlánticas por respaldar o proxecto).


Galeón Illa de Cortegada. Asteleiros Mougán. Illa de Arousa.
Foto: rompetimóns.blogspot.com



Galeón Illa de Cortegada nos asteleiros Mougán da Illa de Arousa con motivo da botadura da dorna de tope Lavanqueira da ACD A Fasquía da Illa de Arousa (2008). A bordo, o carpinteiro de ribeira Juan Servando esforzándose en explicar os detalles do proceso de contrucción, aínda que a miña prole non semella moi concentrada na lección.


ENQUISA

Finalmente, dicir que os votáchedes na enquisa, acertáchedes mairitariamente coa elección da sede do Encontro (80%). Moitas gracias por votar na enquisa con maior participación até o de agora. Finalmente o Xefe da Mesa electoral, coma sempre, unha vez feito o reconto, recolleo a mesa e marchou.



NORABOA A TODOS

6 comentarios:

Lino dijo...

O pasado venres foronnos presentadas as liñas mestras do fermoso proxecto que están a maquinar os Rompetimóns para o X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA (en maiúsculas), é boa nova que conten con algo máis de uno para preparalo todo e comos di aquela célebre frase "atado e ben atado".
Estamos de noraboa.

joão marinheiro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
joão marinheiro dijo...

Alegro-me bastante com o rumo que os encontros levam já.
Lembras-te Xaquin de quando na de Rosa decidia-mos das candidaturas no nosso tempo... e eu ligava para Ferrol a colher o voto de Arturo que não podia baixar a Cambados...Que tempos...
Hoje os conselhos vêem que o realizar o NOSSO Encontro na sua terra é um abrir portas ao turismo, a uma imagem de marca da sua vila, a um acontecimento que se quer repetido ano após ano. Lembro a Festa do Mar de Poio, em 2001 que medrou com os nossos V Encontros realizados lá e agora segue já no calendário dos roteiros turísticos...

Alegro-me que a nossa Federação navegue amparada por cada vez um maior numero de associações dos diversos sectores da cultura marítima que a tornam modelo de referencia a nível europeu.

A mágoa ainda é que os políticos esses, tenham medo do mar, e dos barcos velhos cheios de memórias e de vida interior...E demorem demasiado tempo a constatar que a cultura do mar é como o exangue que corre no corpo dos marinheiros.
Mas vamos no rumo bom e o vento pouco a pouco vai de feição. A emenda á legislação sobre as embarcações tradicionais não vai parar…

Alegra-me que Carril siga de volta à madeira nobre com que se constroem os verdadeiros barcos.

Abraço companheiro. Foi bom reencontrar-te.

bou de vara dijo...

Bos días Lino, certamente estamos de noraboa. A ilusión de Carril por ser sede dun Encontro é xa unha realidade. Lonxe de renunciar despois do frustado intento do 2009, Carril perseverou, mellorou a proposta e madurou a candidatura.

Durante estes dous anos non perderon o tempo e seguiron dando pasos firmes tanto no traballo das asociacións, con proxectos de recuperación patrimonial, como na consecución de masa social comprometida co proxecto.
Noraboa


Caro Joâo:

Como ben dis ¡que tempos!

A FGCMF semella estar a dar pasos certeiros para cumprir aqueles 3 obxectivos prioritarios:

1. A nivel interno: mellora da xestión.
2. A nivel externo: maior penetración do traballo da FGCMF no conxunto da sociedade galega.
3. A nivel institucional: normalización das relacións coa administración.

Aínda queda moito traballo pero a cousa pinta ben. Noraboa para a directiva da FGCMF que está a medir ben os tempos sen sair da folla de ruta, paso a paso, sen atallos. Agora non estamos en tempos de golpes épicos senón de avanzar con paso firme e medido.
Apertas Joâo, sempre é unha ledicia contar co teu saber neste irreverente blog.


Ao autor do comentario suprimido:

é a primeira vez que alguén fai un comentario neste blog e se autocensura suprimindo o escrito. Quedámonos coa intriga de saber de que se trataba, pero a estas alturas xa non nos asustamos por ver unha teta. Así que se queres repetir o comentario, adiante. O blog boudevara naceu como canle de liberdade de expresión no eido da cultura marítima tradicional e por tanto aquí non se vai a censurar a ninguén.

joão marinheiro dijo...

OLá Xaquin, fui eu que suprimi o comentário porque o coloquei on e estava sem correção ortografica...
Abraço desde Viana

bou de vara dijo...

Aclarado Joâo.
Apertas