Translate
lunes, 1 de febrero de 2010
Conta bancaria do CMS
Como sabedes, estes días algúns socios foron a ingresar a cuota anual de socio do CMS e recibiron con sorpresa que a conta estaba cancelada. Na reunión do venres consideramos que esta situación era irregular xa que era precisa a autorización da Asamblea e das firmas autorizadas.
Pois ben, falando co Banco, nos dín que a cancelación da conta obedece á pouca actividade económica da mesma o cal ocasiona un gasto de mantenimiento de 38€ anuais amais de cargar uns intereses de descuberto de loucura (inda por riba de facelos traballar pouco cobrannos máis).
Informándolles do malestar por non comunicar esta situación ó Clube e que o banco acordase unilateralmente pechar a conta sen importarlle nada do que diga o Clube, imos mandar tomar polo cú unilateralmente ó tal Banco Geral porque entendemos que en cuestión de pesos xa non nos queda nin Portugal, e eso que o lema deste banco é:
"lo nuestro son las personas"
Como dí a canción: "con estos majaderos no se hace cosa buena"
Por certo alguén calcularía os millóns que se envolsan os bancos polas comisións das contas abertas de axuda para Haiti?
Ala a buscar banqueiro, como non hai ningún bo, tentaremos atopar o menos malo.
E como non todo vai ser malo, onte disfrutamos dunha gran xornada de navegación con Gerardo da asociación Dorna Meca e co patrón e armador da Dorna Sara:
Dorna de Tope "Sara". Bordo pola Ría de Arousa
O Patrón e armador, Avelino Ochoa
Unha aperta a toda a tripulación dende Boudevara
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
matalos era pouco...
Que razón tes!
O malo que aínda vannos procesar por apoloxía de terrorismo financeiro
Apertas
Compadre, vai indo a remontada do CM Salnés, co do banco hai que ter un ollo de carallo.
Vaia navejada guapa que lle mandastedes, temos que mater a costumbre
Publicar un comentario