![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjXNBcwz3E6p6fUs0nFAMWq2cDA9NsdqKdHChrlVHkCQj7VBF1KufDZGWYY2lwn_xAlf1tLdXqe6b-fPpda0PBHfcDqBpQOJ3QkMKEwsw1Xv9Qb6ANjOqKHB1dvKU8Ts2qJJFKIsjnDIvO0/s320/portada+salgadoiro.jpg)
O pasado 2 de xaneiro de 2010 presentouse nunha taberna cambadesa a primeira novela de Exidio Cuíñas, nome artístico do noso Xaquín, jefaso-fundador deste blog entre outras cousas. Esta primeira publicación sea á rúa baixo o selo de Todogrove Edicións e relata a historia de Juan, un personaxe que “é unha persoa normal, pero que non se dá atopado no mundo, sumerxido no desconcerto, que se ve desbordado polos acontecementos e que toma unha decisión drástica de transfiguración, emprendendo unha viaxe para buscarse a si mesmo”.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjS2rqbczZo3VO6hrnvkMQSHmjbJ3d2edtM8Qp8wo7FoIumL8h_fBxdqo0w6idO6N7la1k6P2Syq9XN5xluCeYZTGsL6VEaAVKZ3gWAMfD4tWRFZXfkN00bxdWiRYTXOIG0KsIwkRy3u7Eb/s320/presentaci%C3%B3n.jpg)
Á presentación asistiu numeroso público, formado por amigos e familiares, que quixeron arroupar a Xaquín no momento de sacar á rúa esta súa primeira novela. O acto tivo moito de orixinal, xa que contou coa participación dos membros da Escola Municipal de Teatro, que se caracterizaron como personaxes da obra, chegando incluso a respostar en primeira persoa as preguntas formuladas polo público ao autor.
Ao remate a maior parte dos asistentes mercaron un exemplar do libro e achegáronse a Cuiñas, que pasou un bo cacho asinando libros.
“Salgadoiro de queixo e mozzarella” atópase á venda en librerías ao módico prezo de 12 euros.
A noticia noutros sitios da rede:
7 comentarios:
Majete, eu felisítote polo libro, que carallo!
Jrasias, Jrasas, Grazas, Jrasiñas, obrijado, cambio, change, exchange, wechel, okeinaipleis, arrivaderchi, visca el jrobe e arriba cambados forever
exidio cuiñas
e oq ue queira cona, que a traija na mochila
ai falache
parabéns xaquin/exidio! É un título mesmo orixinal, haberá que buscalo e botarlle un ollo, ou dous... saudinha!
Ola Andrea, moitas gracias e apura que se non, tes aque agardar á 2ª edisión.
Apertas
Olá Xaquin, uma agradavel surpresa o teu livro, e um par de horas bem passados com os amigos.
abraço desde o sul do Minho
Publicar un comentario