Ben, temos un bo treito por diante antes de que chegue a seguinte tempada de navegación. Con esto non queremos decir que se deixe de navegar, de feito seguiremos navegando, pero non é o mesmo, ademáis do frío, está a nugalla, ese musjo que nos entra nos miolos polo mes de outubro e xa non sae ate o 40 de maio.
Así que toca buscar cousas que facer. Aquí en boudevara, por petición popular imos retomar o do “persoeiro da semana” que fixemos o ano pasado ate decembro, pero agora farémolo “persoeiro do mes”, porque non sei se temos tanta madeira para manter o lume (coidado que o inverno é larjo coma un día sen pan, sen viño e sen chouriço). E por iniciativa do taller de fochochó, retomamos os traballos de corta, peja e colorea. Así que xa podedes enviar fotos tuneadas e mesmo podedes amosarnos ideas sobre o persoeiro do mes aquí:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es
Empezamos:
TALLER DE TUNEADO
Para romper o xeo e darlle continuidade a esta sección nada mellor que iniciar esta segunda fase do fochochó cun dos persoeiros preferidos neste blog e que foi protagonista de portada no último número da revista Cosmopolitan:
Protagonista: Sr. Pelouro
Autor: Lino Prieto
PERSOEIRO DE OUTUBRO
Iniciamos esta sección ó principiar o mes porque todo o mes estará adicado a esta persoa, así que podedes enviarnos fotos, contarmos anécdotas ou o que queirades. Imos falar del:
TOÑO “O CESTEIRO”>
Non lembro exactamente como foi o contacto con él, pero a primeira vez que ven coa FGCMF é con motivo de Doaurnenez 2000, onde a delegación galega é convidada de honra. Este artesán pronto se integra cen por cen no equipo e ademáis de cesteiro se amosa un máis coa delegación: axuda na montaxe de stands, colabora na baixada das embarcacións, navega, toca o yembé, …., e arranxa pezas estragadas como a cana da “Chouva”.
Arranxando a cana da Chouva. Village Galiciem. Douarnenez 2000
No stand da FGCMF: Toño,Cao e o canteiro
Durante aqueles días as conversas con Toño son diarias e van moito máis alá do previsto, argallando plans de colaboracións entre a cultura marítima e as actividades dos artesáns.
Así, no ano 2001 está presente de novo no Encontro de Poio e tamén asiste á Illa de Tathiou (Normandía).
Toño na vila de Sant Vaast La Houge. Normandía 2001
Toño xa era un máis de nos. A partir de aquí é un fixo en calquera delegación galega (Barcelona, Viana, Douarnenez….), e mesmo se encarga de organizar e coordinar as actividades de artesanía, como foi o caso da Vila Mariñeira no Encontro de Cambados 2005 ou de facer por encarga unha ducia de patelas para a "danza das patelas" que se interpreta na recreación da descarga de peixe no muelle de Cambados.
Danza das patelas. Cambados 2005
Despois desta data Toño distanciase un pouco da Federación pero segue estando presente en distintas actividades e delegacións. Por exemplo acude a Brest 2008, onde pronuncia unha das moitas frase célebre que lle teño escoitado decir:
Ante unha situación de “confusión” ou enfado de “Toño” durante a celebración de Brest 2008 unha persoa da Federación lle pregunta:
- Que pasa Toño, ¿queres mimos ou qué?
- Eu mimos soio os quero das mulleres,… e non de todas. Dos homes simplemente pido xustiza.
Días atrás fun a facerlle unha visita a súa terra alá polo Xurés, perto de Lobios. Para chegar alí paseinas putas (ou canutas que é mais correcto políticamente). Chovía a dios dar ajuas, mesmo caía pedriço, a noite xa había tempo que entrara no monte, o teléfono sen cobertura e como única referencia un cruce sinalado cun “buzón de correo”,… -“O chegar a este cruce botas o coche pola pista abaixo e xa chejas aquí”-me dixo horas antes de quedar sen cobertura. Finalmente cheguei e coma sempre arreglamos o mundo a carón da lareira, polo día montamos a cabalo e polas tardes miramos a posta de sol (eu pensaba que o sol metíase polo mar, pero dis que primeiro despídese do monte).
Buzón de correos de Toño. "O craneo dunha vaca".
Saúdos Tono ó “7 de xullo” (o seu can manco), á mula e a Águia (o seu cabalo chosco) e a ver se repetimos navegacións. Deixote algunhas fotos de navegacións compartidas:
Na caña da RANA. 2006
Desembarco de Ons no inesquencible 2007
1 comentario:
Grande companheiro Toino.
Abraço aos dois deste lado do Minho
Publicar un comentario