Translate
lunes, 5 de octubre de 2009
ACABOUSE O VRÁN
Detalle da talla da Muller de Balboas. (Carreirón. Illa de Arousa)
Obra de TINA
Toca ir facendo resumo do verán. Como todos os anos, os do Clube Mariño Salnés somos máis de concentracións que de rejhatas, e así, como fai xa un lote de anos, estivemos, ademáis de Muros, en Combarro, Bueu…, e como non, no desembarco de Ons.
Foi un ano de menos navegación que o anterior, en parte porque moito persoal tivo que “emigrar” no mes de agosto a traballar na recolleita do chícharo alá por terra de bárbaros. Aínda así fixemos majas, millas e majetas travesías:
A RÂNÂ amarrada en porto Beluso. Bueu
A RÂNÂ en Combarro preparando para sair
De Combarro a Bueu
A muller de Balboas soa
A muller de balboas con tripulación de luxo. Delia de patrona
Oscar con arrocamentos
Oscar sen arrocamentos
Repousando na praia das dornas. Ons
Ons dende a proa do Zorba
Nestas travesías veu nova xente con nós como Pedro Paquai (emigrado en Babiera) e Yosi (alumna daquel primeiro curso de dornas a vela en Cambados ai un lote de anos), Ana e Esther, Humberto, Eva e Omar, Loli (do eichededarqueridiña), Chus e Reginha…, dende aquí un saúdo a tod@s e a ver se repetimos.
Yosi e Parada. Curso dornas en Cambados 1999
Este ano íamos facer unha exposición no mes de agosto que finalmente non se fixo pero o noso artista cambadés e membro do CMS, Xurxo Durán, colgou a súas últimas obras no bar Tetúan antes de marchar para Rennes onde ten o seu estudio (e que este clú é así de internacional). Saúdos Xurxo e moita sorte.
O noso artista cambadés de maior proxección
Agora queda traballar no inverno no que teremos que afrontar renovacións e novos proxectos, por exemplo a construcción duna gamela cambadesa, a ver que pasa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Para mim foi um ano de má memória...sem barcos, sem navegações...outrs mares virão...
abaço companheiro de milhas navegadas
Ola Joâo, xa ves, acabase o verán e chega o inverno; non sei se na memoria tamén existen os invernos, se cadra si pero máis curtos e sen tanto frio. Pero por moi longo que sexa o inverno sempre chega un novo verán e daquela seguro que has ter moitas milhas por navegar.
Unha aperta e ate pronto
Publicar un comentario