Translate

martes, 12 de mayo de 2009

Lista para a botadura

Quitando algun pequeno detalle como a vara de portar e os folios nas amuras, a SEMPARADA luce marabillosa nos días previos á botadura. O sábdo haberá festa de amigos a mediodia cando a dorna comeze a súa nova vida.

E agradecerllo moito a meu pai, que ten grandísima parte de responsabilidade en todos os coidados que recibiu a SEMPARADA.


12 comentarios:

Xocas dijo...

Mimadriña, desta janas todas!

Fernando dijo...

Xa era hora tanto tempo lixando e pintando, paresía o "Azor" nos seus bos tempos

Fernando dijo...

Olle Lino, este ano creo que non hai dornas o 17 na Illa ...... para votar.

lino dijo...

De Azor nada!
non hai barcos novos?? pois é unha pena porque os últimos anos estabamos en racha.
Pois é unha pena que non botaran a Lavanqueira no día das Letras, non?
Pero bueno tamén é certo que unha ves que tes o barco listo o que queres é velo no mar canto antes...

Fernando dijo...

De acordo Lino, a todo mundo lle gusta ver o seu barco no mar, pero bueno, faslle unha no Grobe e falas cos "Arousa mans" e faiselle outra de benvida.
O da Lavanqueira igual non o pensaron, a verdade e que onte falando con Dorna comenteille eso si tiñamos novas incorporasións e nada, pero si poido estar ben que fora a Lavanqueira ese día.

A.C.D.X.Fasquía dijo...

Unha aclarasión:

A Lavanqueira na botamos o 17porque ese día queremos navegar nela xa pertrechada.

Lino dijo...

Gracias pola aclaración, pero creo que non é necesaria, eu polo menos teñoo ben claro e como xa dixen antes, cando un barco é novo as ansias son de botalo ao mar e darlle vida canto antes, por suposto.

bou de vara dijo...

Lino, que estás a escreber?

lino dijo...

elo non sabes ler?
Este sabado botadura da SEMPARADA, acto sinxelo e unhas cañas para celebralo.
apuntaraste non?

bou de vara dijo...

refírome á foto onde andas a apuntar nun papel apoiado na tilla.

Fernando dijo...

Estalle collendo o número de chasis por si o paran por ahí adiante e non se acorda.

Lino dijo...

claro, estaba anotándolle os km para a próxima revisión