Translate

jueves, 14 de mayo de 2009

A TAL XIP 09

Resumo da Tal Xip VIGO 09:

Moi boas a todos/as. Días atrás tivemos o da Tal Xip de Vigo, e como tocou traballar arreo, a semana pasada a pasamos varados no sofá a recuperar. Pensando nun titular que faja resumen do acontecido poñería o seguinte:

"OS RUSOS SON COMA NOS"

A historia da frase agora que a conte Lino. Eu simplemente bou facer unha cronoloxía do acontecido nos termos que nos interesa:

A Mostra de Cultura e Patrimonio Marítimo de Galicia:

(o dos barcos vellos).

O sábado día 25 de abril, parte da nosa flota foise navegando para Vigo: O Triste Sofía e a Rabandeja de Vilanova, a Lancha Leiteira, a “Espesie de Rabo” e a Irmandona dende a Illa de Arousa, a Meca dos mecos, A Jaliña de Portonovo, o Gamaleón de Combarro e a Zorba. En teoría dende a Zorba tíñamos que dar cobertura á flota pero aljún que outro problema retrasounos a saída e mesmo tivemos que parar en Ons sen motor e co barco cheo de fume. O caso e que chegamos os últimos a Vigo o cal propiciou que o amarre da flota non se axustase o “mapa de amare”, ousexa cada quen amarrou onde pudo e nos vindeiros días, Nacho máis eu, andivemos a mover todos os barcos.

Ns seguintes días irían chegando os barcos de Vigo (mariñeiros de Bouzas, Escola Mar de Vigo, A Ramallosa, gameleiros Breadouro, Sodináutica, etc.) e tamén outras asociacións da Ría de Vigo (Cangas e Moaña).























O xoves xa estaban todos, incluído os veleiros clásicos do Grove inscritos na Tal Ship, a Miña Miniña e Mizar.(poñeremos fotos)


O xoves tamén aribou o Chasula con velas e varas de currica polos costados (precioso).



Por terra a FGCMF montou a exposición no stand con toda a nova directiva moi atareada, e para completar a Mostra se fixo o que en Vigo lle chaman “marina seca”, coa Fungona de Fernando, A gamela de Sodináutica, a buceta de Combarro, e o bota polbeiros dos Galos de Bueu.


Todo este conxunto formaba parte do proxecto Mostra de Patrimonio Marítimo de Galicia dentro das actividades de animación da Tall Ships, e penso que foi do mellor que se puido ver en Vigo eses días, porque ademais dos poucos barcos participantes nesta edición temos que xuntar unha programación de actividades escasa, escasa e escasa.

Ben, é posible que me esqueza de algunha asociación ou barco, pero estes días iremos poñendo imaxes e textos das cousas que non se viron e que forman parte xa do noso diario de abordo. Por exemplo quedan moitas imaxes da navegación de regreso, do concerto na Zorba e anecdotarios que coma sempre abondan.















Como adianto estas fotos, e dende Barcos e Máis S.L. agradecementos especiais á directiva e colectivos da FGCMF, e a todos os que partipáchedes, ben a nivel colectivo ou individual, a todos moita salitre.


Nacho, Gorge e máis eu na Zorba. sábado día do concerto

fotos: Lino Prieto


2 comentarios:

Lino dijo...

Pois si, os rusos son coma nós, como dixo un veciño meu. Defendía que 2os rusos son coma nós, onde nós non somos coma eles", e que tras visitar o barco comprobou que "teñen unha educasión, e on teñen cornos como nos disían a nos na escola"

bou de vara dijo...

Ola Lino, memorable foi tamén a cantarea que lle votamos ós rusos cando pasaron en grupo por diante do pantalán cantándolle a coro dende o Zorba o dos "catro vellos mariñeiros" e eles saudando e descubrindo o chapeu en sinal de respecto e camaradería da bóa. Que diferencia cos nosos veciños (de amarre)que responderon ó concerto no Zorba poñendo cadena dial a todo trapo na megafonía do barco e cantando a coro a canción do Ramasoti que cantaba nese intre.
Bueno, cousas que pasan, a ver se envías unha foto da botadura da dorna ó blog para que non quede desamparada.
Chao ragazzo