Xa que "vos empeñades" falaremos da botadura, que movilizou ata o personal dos lugares máis recónditos...
Despois de moitos dias e bastante traballo chegou o día do botabaixo da Semparada. Este sábado, chuvioso, desagradable e sen vento ningún, foi o día. Á vista dos día adiantamos o picoteo e as cañas previstas, tuven a sorte de que nos acompañaran un bo lote de amigos e amigas. A verdade é que hincha o peito cando a xente che di que a dorna quedou moi ben.
Empanada, cañas e outros delicados manxares
No aire coma as da IllaNunha tregua que nos deu a choiva achegámonos ao varadoiro de Perato e chumbámola ao mar, saimos un pouco a bogar e esto foi o que pasou, en canto pasen os exames hai que izar vela e ir probala, que xa non me para o pan no corpo.
A boghar!
6 comentarios:
Ainda que non se apresia ben toda a belesa da embarcación en esta entregha que nos pos, podese adiviñar o esforso e a severa dedicasión, Alguhns que queriamos poder pesensiar en direto o evento non poidemos por mor do estado maior.
Ajora que a Dorna está como unha paloma, Falta que o Dono se poña como un pombiño e entre nunha severa preparación para a tempada, por eso da operasión bikini!! jajajaja Quedou dpm, Moita sorte con ela.
E ficou muito bonita na foto.
Abraço desde o Sul
Vexo que por esta posta aparese alghún que non apresia os valores tradisionais da estetica masculina, e aposta por valores de dudosa perduradibilidade no tempo, agora soio falta que para ir na dorna teñamos que ser metrosesuais.
Sorro
Joao:
Muito obrigado, se a ves fisicamente de seguro vas gostar.
Pois nada, ben é certo que este corpo traballado do qe gusto non se acolle a os cánones establecidos, pero bueno, que lle imos faser? haberá que por bañador no lugar de bikini jejjeje e eso de porse coma un pombiño é peligroso, que si navegas por detrás da toxa ijual jodes uns perdigonasos...
Como ben dis o conto é ter sorte e tempo (climatolóxico e horario) para poder disfrutar da dorna o máis que se poida, que para eso é.
Gracias.
Publicar un comentario