Translate

martes, 16 de septiembre de 2008

DORNA DE TOPE "MULLER DE BALBOAS"

Esta é a Dorna "de tope" do Clube Mariño Salnés de Cambados. Foi mercada no Jrove e restaurada en Combarro nunha carpintería de ribeira hoxe esquecida e da cal falaremos outro día. Traballaron na restauración Paco Paxaro (Clube Mariño A Reiboa) e Isidro Mariño (Intramar S.L.). ademáis da xente da asociación. Este ano foi moi madrugadora e xa no mes de abril andaba navegando pola Ría de Arousa. Estivo en Bueu, Ons, Combarro, Vilaxoán (As Rebenidas) e non sei onde máis. As fotos foron feitas por Carlos Culler, un rapaz afincado en Cambados afisionado á fotografía e namorado da dorniña dende a primeira vez que se atoparon na praia de San Tomé.

1 comentario:

Sesé Otero. Armadora vapor Hidria Segundo dijo...

Boas noites, non ten nada que ver co que contas. Pero ando estos días un pouco baixa de moral e sentindo que vamos contracorrente. Pasobos este enlace, deixame claro que o non ver televisión en case todo ano estanos afectando. Miradeo e despois recordade como eran os nosos barrios e a vosa vida nos anos 70 ou 80.
Un saudo.
Sesé.

http://video.google.es/videoplay?docid=5175465760297779420