Translate
viernes, 26 de septiembre de 2008
ARTE "BOU DE VARA"
Ben, como definitivamente este blog vaise chamar Bou de vara, é de xustiza que fale un pouco deste pequeno aparello de arrastre que se mantén aberto cunha vara de ferro mentres se arrastra dende o barco. Con esta arte vaise as zonas de libre marisqueo con profundidades superiores ós 1om., entre os meses de novembro a marzo. Así que se os pasades nesas datas por Cambados veredes barcos de pequeno porte fasenso lançes e lançes dende a punta de tragobe ate as bateas. Ás veces máis de 100 larjhadas, así que xa vos podedes dar unha idea da maestría desta xente. Collen un pouco de todo, volandeiras, chopos, nécoras, linguados e outras especies de fondo. As fotos tomeinas para o caderno didáctico "Aprende á beira do Mar". Dentro do programa Cambados á beira do Mar, que facemos a Confraría, as mariscadoras de Guimatur e nos (Intramar) tamén temos un DVD sobre a pesca e o marisqueo en Cambados. Se alguén está interesado que avise que poño máis información.
Ben a homenaxe do día vai para os mariñeiros que empregan a arte do Bou de Vara e en concreto hoxe para "OscarPadín"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario