Aínda que a vila de Cambados vive de costas ao rio, non por iso o Umia deixa de transportar boa parte da historia desta vila.
Título imaxe: O río Umia ao seu paso por Cambados.
Autor: José Jesús Sabarís Rico.
Lugar de orixe: jojesari.blogspot.com.es
Igual que a inmensa maioría dos cambadeses, eu tamén tardei en decartarme da verdadeira importancia que tivo e aínda ten o Umia no desenvolvemento socioeconómico da vila de Cambados e da súa contorna. Confeso a miña ignorancia e o que é peor, a miña insistente cegueira persoal por non querer ver no caudal do Umia unha verdadeira fonte de cultura, de barcos e xentes que fixeron deste río unha importante canle de unión das terras do interior coa costa (ou se queremos, da costa co interior) e dunha banda e outra da comarca do Salnés. Porque deste río, veñen as areas que logo pousan na desembocadura para conformar os bancos marisqueiros do Sarrido (ou Sarrido) e tamén as augas doces que regulan a salinidade da Ría, as mesmas que aportan nutrientes para a flora e a fauna acuática.
Neste senso, non é
desproporcionado dicir que Cambados non sería igual sen as augas do Umia, nin a
Ría de Arousa tampouco.
Das múltiples
ramificacións que se poden extraer das augas do Umia, hoxe
simplemente vou facer referencia ao leito fluvial como servizo de paso dunha
beira a outra, e deixamos para outro día aspectos coma o transporte de
mercadorías nos galeóns que subían e baixaban polo Umia con tella, madeira e
produtos da horta, as lendas, a toponimia do lugar e a importancia do río como
fonte de riqueza material e cultural asi como regulador natural dos ecosistemas
fluviais e costeiros.
1ª parte. O paso no rio Umia: de ponte Estacas á ponte de Pau.
Copia dixital mapa de Cambados de 1593. O orixinal consérvase no Arquivo Histórico Universitario de Santiago (signatura: clero 559, fol 251). |
A ponte da Barca (ou Ponte Estacas):
Sábese que antigamente o paso polo río Umia para unir Cambados co sur da
comarca do Salnés facíase en barca. Isto foi até que se construíu a ponte da Barca entre os anos de 1868 e 1878 por iniciativa
privada dun conxunto de promotores cambadeses.
Imaxe: Ponte da Barca (Ponte Estacas ou Ponte das Estacas). Castrelo-Cambados
Imaxe tomada do blog: A ti meu Cambados
A este respecto, o investigador cambadés Sindo Mosteiro nos di:
“A
Casa da Barca (1) está neste lugar de Cambados, á beira da ponte do mesmo nome
que comunica as dúas beiras do río Umia. O uso da ponte estaba regulado
mediante unhas taxas que se cobraban nesta casa da Barca, construída no 1877,
tal e como indica unha cartela sobre o lintel. Por iniciativa de Miguel López
de Carrizosa de Giles, marqués de Mochales, deputado en Cortes polo partido de
Cambados, o Estado compra a ponte no 1902 por un total de 200.000 pesetas,
quedando desde entón libre de peaxe o paso por ela".
Nota: non debemos confundir esta Casa da Barca ou Casa da Ponte co Casal Dabarca que aparece no mapa de 1593. Simplemente sabemos que a Casa da Ponte (1) foi construída moi posteriormente, concretamente en 1877 para o cobro de taxas por pasar o río.
E tampouco debemos confundir estas construcción coa Casa da Barca de Cobas de Lobos da que falaremos en breve.
A ponte das Estacas:
No fragmento do mapa de Cambados de 1593, apreciase claramente a representación dunha construcción de nome Casal Dabarca e ao seu carón, unha barca fluvial no paso polas estacas que cruzaban o río (a ponte das Estacas).
A corroboración da existencia da Barca das Estacas é un tema fundamental por canto podemos estar a falar dunha embarcación propia do Umia, unha embarcación de paso fluvial que atravesaba o río pola ponte das estacas que estaría situada perto da actual Ponte Estacas ou Ponte da Barca

Semella claro que a antiga Ponte das Estacas da nome a actual Ponte Estacas (ou Ponte da Barca como tamén se lle chama na actualidade), e en todo caso, non debemos confundir este paso do río co paso que se realizaba máis arriba, concretamente en Cobas de Lobos e perto da actual ponte de Barrantes onde tamén existiu a chamada Ponte de Pau.
Ponte de pau:
Ao igual que aconteceu na parte baixa do río no paso por Castrelo, máis arriba en Cobas de Lobos, tamén empregaban o uso dunha barca para o paso do río polo sitio onde os veciños sitúan a antiga ponte de Pau, antes de que se construíse a actual ponte de Barrantes que comunica Ribadumia con Cambados.
imaxe: ponte de Barrantes
Deste paso do río de Cobas de Lobos temos varias referencias e semella claro que se trataba dun servizo completamente diferenciado no paso por Castrelo.
Existen varias evidencias para esta afirmación, a toponimia e as testemuñas de veciños do lugar:
a.
Lugar de A Barca: este é o
nome do lugar de Cobas de Lobos onde se facía o paso de río pola actual ponte de Barrantes.
b.
Casa da Barca (2): Existe tamén aquí
(en Cobas de Lobos), un pouco máis arriba da actual ponte de Barrantes, unha
Casa da Barca, construída sobre as ruínas dun antigo pazo, atualmente adicado a adega de viño e que como din os
seus propietario na súa Web:
"O conxunto que
alberga a bodega, nas súas orixes era un antigo pazo construído en pedra xunto
cun hórreo da mesma antigüidade, outras construcións en pedra que servían de alpendres,
así como unha horta arredor. O nome da bodega correspondese co nome polo que se
coñece á nosa familia: "os da barca", posto que antes de que se construíra
a antiga ponte que une Cambados con Barrantes, eran os nosos familiares os que
se encargaban de transportar á xente en barca dunha beira á outra do río Umia”.
Conclusión:
Polo tanto, semella evidenten que estamos a falar de dous paso do río ben distintos: un na parte baixa do Río que funcionou até que se construíu a Ponte da Barca (1878) e se edificou unha Casa da Ponte (1877) para o cobro da taxas polo paso da ponte até que se fixo público en 1902.
E outro servizo de paso ben distinto que se prestaba en Cobas de Lobos, que funcionou até que se construíu a ponte que une Cambados con Barrantes. Os vellos do lugar falan da "ponte de Pau" e xuntamente co paso da "barca das estacas" que se aprecia no mapa de 1593, constituían verdadeiros vasos comunicantes para o dsenvolvemento de toda a comarca do Salnés.
Do que si podemos ter certeza é de que esta "barca das estacas" xa funcionaba no ano de 1593 e este servizo de paso dou nome a actual Ponte Estacas e podemos supoñer que os dous pasos polo río piuderon coincidir no tempo e dende logo funcionaron até a construcción das pontes de Castrelo e Barrantes. Podemos imaxinar a importancia que tiñan ese pasos polo río e moitos veciños de Cobas de Lobos testemuñan que antigamente o río Umia tiña máis navegación que a costa e mesmo era o primeiro porto de Cambados en transporte de mercadorías, un porto que se atopaba mesmo fronte ao paso da barca das estacas e que ainda hoxe a toponimia local reflicte o lugar con ese nome."O Porto".

Vista da desembocadura do Umia dende a Ponte da Barca. (Autor: Google Map) |

En todo caso, quedan moitas cousas por investigar neste fermoso e vital río Umia, e noutras entradas tentaremos ir aumentando o coñecemento sobre este leito fluvial cheo de lendas e historias: Sería a bordo dunha destas barcas como cruzaron o río os asaltantes do Mosteiro da Armenteira? Será certa a lenda dos Padriños de Ponte Arnelas? Era o antigo pazo onde se ubica a actual adega Casa da Barca o edificio que albergaba o Casal Dabarca que reflicte o mapa de 1593....?
Iremos falando, de momento quedámonos coa beleza deste río e a recreación na memoria daqueles tempos onde o paso do río requería de barcas e barqueiros para tecer territorios, economías, contos, romances, almas e corazóns.
Rio Umia ao paso por Espiñeiro. (Autor: Google M(ap) |
Ponte da Barca dende Monte Rei. (Autor: Guimatur) |
agradecementos:
Publicacións de Sindo Mosteiro (fotos antigas de Cambados)
Blogs: A ti meu Cambados, Viaxadoiro e Josesari
Imaxes de Google map
e a Félix Rei (Plantel Sete Pías) pola aportación de información.
2 comentarios:
Noraboa, moi interesante! conhecer mais do Umia significa saber mais de cómo naceu Cambados!
Que pouco coñecemos do que nosos avós fixeron!. Como se perde todo... até a NOSA FALA!
Publicar un comentario