Translate

viernes, 13 de abril de 2012

PERSOEIRO DO 1º TRIMESTRE

Facía moito tempo que este blog non navegaba e mesmo semella que a preguiza destes tempos de invernaxe ían alongarse alén dos séculos.

Aburrido de tanta mala nova, de tanto patacón perdido nas bolsas da avarícia, de barcos que emigran para deixar valeiro o amarre ruborizante, de burrocrácias e palabrarías que adormen flamélicas velas, de tanta filípica de boa práctica asexual, iluminarios e santóns do malheritage, predicadores de sempre o mesmo e do mesmo de sempre..., aburrido en fín.

Como decía meu gran amigo Lino Silva naquel poema:

En mi puta vida ví...
semejantes destrucciones
de elementos discordantes
sin posibles soluciones.
En mi puta vida vi
sensaciones tan triviales
soluciones tan vanales
y finales tan patanes....


(Barcos. Oleo de Lino Silva)

Falando de barcos e Linos, aquí van unhas verbas de recoñecemento para unha persoa que a pesar dos pesares e de sobreviver nesta coba dos coarenta fanfarróns, conserva o maior tesouro que pode ter un home incivilizado e consecuente: o humor libre e o sorriso claro.


LINO PRIETO PROL
















Hai uns días un dos medios da prensa untada do pais dos ananos (esto é: La Voz de su Amo, O Falo do Virjo e o Diario D´Rosa), deixaban oco para una nova:
A Meca pierde un presidente, pero gana un "dorneiro".


Neste artigo fálase con merecemento dos nove anos nos que Lino Prieto estivo ao fronte da Asociación “Amigos da Dorna Meca” de Ogrobe. É moi certo que esta entidade, sen dúbida algunha das máis emblemáticas, ao longo dos seus moitos anos de vida, tivo momentos de bonanza e tamén de receso ... ¡coma todo!. Xustamente a entrada de Lino para patronear a directiva da entidade coincide cun intre de inacción e apatía.




Semellaba que a Dorna Meca ía vivir dos galóns e o “pedrejí”. Pero non foi así, ao timón da Asociación púxose un xoven, un traballador, dos da lixa, dos que falan ao mesmo tempo que rascan e pintan, dos que se ilusionan pola noite e cumpren polo día. Retomáronse as regatas, entre elas a mítica dos Faros, recuperaronse tipoloxías, racú, dornas de tope, polveiras, actividades de escola, xornadas de divulgación, intensificouse a colaboración co colectivo da FGCMF, e a Dorna Meca voltou ser unha das principais, ocupando o sitio natural para representar a un unha vila peninsular e por ende mariñeira polos catro costados.


Pintando a Semparada.



Aparellando o Racú.


Faría falla moito espazo para encher os frontes nos que Lino Prieto estivo ao pé do cañón: regatas, publicacións, reportaxes, conferencias, presentacións..., sempre combinado con aseso o tempo de navegación, organización e divulgación.
A nosa amizade dende hai un lote de anos e o seu tino de bó satiricón posibilitou a súa incorporación como facedor neste blog de vocación irreverente e se cadra bufonesco nos termos aos que Leo Bassi alude na súa recente e censurada visita a Compostela: “Los bufones siempre han intentado mantener su libertad, su independencia y su relación directa con el público, fuera del dominio de los poderes". Algún Conde que Roa e pague.

Con Lino comparto recordos de navegacións e conversas, argumentos e tonterías, ideas e filosofías, pero sobre risas, moitas risas, as veces da vida, destas a esgalla, outras de nos mesmos, destas outras a escachar.





Simplememte Lino este pequeno homenaxe para tí que xa eres dorneiro e coa espranza de que a alegría retorne a este escenario tan solemne e gris, tan erudito de palabra coma esteril de obra e omisión.



En mi puta vida vi,
teosóficos cagones
teológicos vagones
filtrabobos de los cogones.
En mi puta vida vi,
de verdad...
en mi puta vida vi...

(Un puñado de poemas. Lino Silva. 1999)

Texto: Xaquin Cuíñas
Fotos: Lino Prieto

6 comentarios:

andrea dijo...

Excelente, Xaquín, xa se botaba en falta un pouco de movemento por aquí, e voltaches con todo o zafarrancho! Noraboa aos dous pola amizade!

Xocas dijo...

Parabéns a Lino, porque non é nada facil deixar o timón e que haxa alguén que o colla. Eso tamén é mérito do ex. :-)
Lino ten moitas boas cualidades que este post recolle moi ben.

E parabéns a Xaquín por retomar este blog que sempre é aire fresco nos pulmóns e na cara.

Lino dijo...

Aunque parezca mentira me pongo colorada.... ten que poñer un colorado á forsa a ler estas cousas, sobre todo cando se ten a certeza que o alago é sincero e feito desde o respeto e o afecto que nos profesamos o Majete e mais eu.
Teño que decir que o primeiro que fixen ao ler esto foi tomarme o pulso, pa por si acaso, e resulta que sigo vivo. Como non vou recoñecer que me gustaron moito as fondas e sempre acertadas verbas do noso Xaquín, un tipo fino, inxenioso e con facilidade para o humor (que non para o humor facil), sobre os méritos que me recoñece, pois será coma todo, cuestión de gustos e incluso división de opinións, pero algo si que é obxectivo: o que se fixo está ahí e todo ese traballo foi feito desde a boa vontade, desde a mais profunda crenza de continuar con un proxecto que tomou forma de asociación a principios dos 90 e coa que levo vinculado desde o ano 97...
Eso que moitas gracias Aduladores tod@s

Xocas dijo...

Vai descansando, Lino, que che esperan "empresas maiores" ;-)
E tes razón rapás, como di o refrán castellano "obras son amores y no buenas razones", o traballo feito está aí, á vista.

bou de vara dijo...

Sra. Andrea: sempre unha alegría e un prazer verte por aquí. Imaxino que xa tes que estar a punto de caramelo non?. Ánimno.

Ola Xocas: coincido contido na importancia do relevo, cousas non sempre doada. Gracias pola visita e abrígate non vaias coller un resfriado.

Sr Lino: nada meu, o traballo feito ahí está, i é motivo sobrado para estar satisfeito e orgulloso. Noraboa

joão marinheiro dijo...

Grande Lino. abraço.