Translate

lunes, 7 de febrero de 2011

AUGA DOCE




O muíño non é muíño , que é a capilla dos ratos, onde se daban os bicos e mailos moitos abrazos.

(Cantiga popular da recolleita de Xaquin Lourenzo)





No Salnés non temos só mar, tamén hai ríos, e arredor deles moitos muíños.
Dende o ano 2002 está a funcionar o Obradoiro de Emprego “A Segorella”, que ten por obxecto a recuperación destes muíños espallados polos concellos de Meis, Meaño e Ribadumia. Este proxecto no que tuven a sorte de traballar na súa redaccion e tramitación inicial formando equipo coa arquitecta Maria Mariño e que bautizamos como “ A Segorella”, permaneceu activo até o ano 2008 e esta fin de semana fun ver unha destas rutas, en concreto a que sube até a Armenteira, no concello de Meis.



Segorella: Peza que fai dar voltas á moa do muíño e que remata co veo.


RUTA DA PEDRA E DA AUGA


Sabado 5 de febreiro
Hora: 11 da mañán
Concello de Meis

A Ruta: de aproximadamente seis kilómetros, iníciase na rotonda da saída da vía rápida de Ribadumia e Cambados, e chega até o Mosteiro da Armenteira. En total abrangue 32 muíños, todos catalogados e case a metade restaurados integramente.



O Rio

















Os muíños



Muíño Torto, do Xurel, co Crego, da Bouza, do Trinta, da Federica, de Batán, do Amieira, do Xordo, ... do Gaiteiro





















Enxeñería hidráulica




















A vexetación


Fento, sabugueiro, carballo, ameneiro, castiñeiro, vimieiro, abeleira, sobreira, salgueira, loureiro....















Os camiños




Mui muíño, mui muíño,bótame a fariña fóra, que a filla da muiñeira ten un andar que namora. (Popular)



















Finaliza así unha mañán de roteiro polos muíños do Val do Salnés, un camiñar sen pausa como fai a auga doce dos regatos, as veces polas canles empedradas, outras por onde quer. E camiñando, un non deixa de imaxinar o trafego de carros e bestas polas congostras empedradas, deixando a súa rutina gravada nas pedras, igual que fai a auga na paisaxe... é a Ruta da Pedra e da Auga.


Saúdos á tripulación de hoxe: Montse, Mauro e Delia.

11 comentarios:

queca dijo...

que marabilla de roteiro, si señor, haberá que quedar un día para facelo. Bicos!

Lino dijo...

quen estuvera jubilado....

bou de vara dijo...

Ola Queca, as rutas son realmente bonitas. Anímate a facela calquera día ou se cadra o dia da subida á Armenteira.

Cando veñas, avisamos ao xubilado do Lino.

Apertas

Lino dijo...

hai bancos pa sentarse polo medio da ruta?

Anónimo dijo...

No val de montecuruto no lugar das Barranqueiras, roubaronlle a Tio Mini unha arbore das que dan froitos. podese saber de que madeira e o rodicio do muiño?
agardando a sua informacion un saudo do investigador da PIDE Pereira de Bedoya

bou de vara dijo...

Sir Bedoya, lamentando o incidente do Tio Mini, e poñendo por diante a nosa falta de ignorancia, imaxinamos que o rodicio deberá ser sempre de ferro ou madeira sen vicio, dura e resistente como boa peza para o fornicio ou no seu caso, como consuelo das peneiras, boa debería ser unha pereira.
Saúdos dende o sul e agardamos telo en máis moendas por aquí.

O Bedoya dijo...

A pereira non e mala, mais non dispon do latex preciso, pra escorrentar a auja e que non encharque a madeira do Rodicio, latex que atopamos noutra arbore, que penso que o director de infomativos e corresponsal de tronadas, do xornal que voce dirixe (S Lino Apretado ) adora, xunto coas suas antergas,mulleres xusticierias,que practicaron a violencia de xenero, contra un tal Meco home de ben como non habera outro poñendoo ao clareo nuha delas. Din os historiadores e a trasmision oral, que fatos de homes Mecos, facían espediccions a foz do Rio Mondego na súa percura, con violencia e desfilando ao son do pasos doble “ SON TOUREIRO DE MARIN SON TOUREIRO E SON VALENTE MAIS NUNCA NA EIRA CUN TOURO ME VIN, ate deixar unha soa das ditas arbores, din tamén que pretenden hoxe esquilmar delas tamén as pacificas rías Ártabras,

Dende Montecuruto, o axente investigador da policia internacional para defensa do estado Bedoya de Pereira

Lino dijo...

Señor Carvajocalero: poucas cousas hai mais apretadas nesta vida que un kilo de asucar, ahi queda eso!!

bou de vara dijo...

Sir Bedoya, en verdade que nos pon vostede nun gran Aprieto con estas adiviñanzas ártabras, e son xa moitas as consultas polas rodas dos muíños do Val do Salnés e alá polas terras da Peninsula de OCOBRE, noutrora unha das insulas Casitérides. Xa que por máis que se buscou dende o Puerto Piojo ata San Vicente, non se dou coa rama da tan afamada árbore da que pendurou o axusticiado Meco.
Pero se é certo que "de tal pao tal astilla", haberá que escarabuñar nas liñas vástagas da Mecolándia até sacar testemuña da madeira onde se xustapoñen rodicios con forcas, e non deixaremos esta investigación ata que atopemos a árbore que latexa o froito da vendetta meca.

Lino dijo...

Estimado Don Bedoya y Lucientes:
DEspois dos datos e insinuacións verquidas na súa anterior intervención ao fio dos muiños e muiñadas (unha noite non é nada)... penso que din coa madeira insinuada por vuecencia, foi de importancia capital a afirmación que a primeira vítima de violencia de xénero(por parte de mulleres violentas e homes dos de tirarlle pola ourella)foi pendurada dunha desta árbores, e dado que no Grove é un ben de importancia mitolíxoca inmoble a FIgueira do Meco, lévame a aventurar que unha madeira tan mala com a da figueira sexa a máis idónea para facer os rodicios.
Ilumínenos, oh señor Bedoya de Pereira, xa que como dixo Ezequiel:
" El camino del hombre recto está por todos lados rodeado por las injusticias de los egoístas y la tiranía de los hombres malos.
Bendito sea aquel pastor que, en nombre de la caridad y de la buena voluntad, saque a los débiles del Valle de la Oscuridad. Porque es el autentico guardián de su hermano y el descubridor de los niños perdidos. "

Mssie Bedoya dijo...

Sr. Lino Estreito: Agardo que ó recibo da presente, se atope ben de saúde vostede, que a súa Vida garde o Sr Ezequiel ese que me comenta na súa docta epístola, garde repito el e mais o seu xefe supremo no ceo moitos anos. Terá vosssse a ben de recoñecerme que chegou a seres un deses nenos perdidos,polos muiños do S. Ezequiel Cuiñas, home por outra parte totalmente afundido nas augas muiñeiras da Santa Ignorancia, e da prensa canallesca, que da a calada por resposta, na miña pesquisa na construcción do rodicio, ben por non seres confeso da súa complicidade, no furto da Figueira do Tio Mini, no mais Curuto dos Montes, ou ben por non seres quen de identificar a soada raza da madeira, da que precisa librarse da súa sombra, para non seres atacado pola “ Tiricia”, que penso que e do que O Gran Meco morreu en ultima instancia ,asejun os forenses da época, aló no castro Da Siradella, de todos os xeitos como ben din as Sagradas Escritadas-escritas, cambiaras de Muiñeiro pero non de ladrón.
Os meus parabéns pola súa sagacidade, en contraste coa do autor do proxecto muiñeiro,e garda dos enxeños, e dos seus infernos(lugar do muiño onde están os rodicios) coñecido dabondo polos seus actos de inusitada xeriatrica-crueldade,para con nos, os homes de avanzada idade e pouco Prieto de abominables carnes, sen un sinxelo banco ou pousadeiro de saco onde descansar como vostede perfectamente sinala na declaración de principios e finais. Polo seu xeito na exposición dos fundamentos de feito e de dereito, penso que se cadra pesquisou vostede na Universidade de Coimbra como poseso posuído ou poseedor dunha “Beca Orgasmus” desas, cidade refriescachada ela a ó seu paso polo mítico Mondego, río que desemboca na Foz e Mar de Figueira. Nuestras vidas son los rios que van a dar a la mar que es el morir, alli van los señorios dispuestos a se acabar e consumir alli van los rios caudales y los otro medianos y mas chicos, acheghados son iguales los que mueren de sus manos e los ricos,cuan presto se va el placer, como despues de acordado da dolor,pois siga adoecendo o seu editor director, ate a mais total aclaracion dos feitos, que fale aghora ou cale pra sempre. E grhacia que espera alcanzar de vostede cuia vida gharde Dios moitos anos

Saúdos de Bedoya de Figueira e de hortiñas que quero tanto e figueiriñas que eu plantei