Translate

viernes, 9 de abril de 2010

O obispo durmiñento


A Araceli varada en Galicia

Os nosos amigos de Málaga coa súa barca de jávega finalmente e despois de moito bogar chegaron a Padrón. Como xa comentamos na entrada anterior fixeron o seu percorrido por etapas, condicionados pola climatoloxía (cousas do mar) e polos días dos que dispuñan (cousas de terra).


A "Rosario Ana" amarrada nos pantaláns das Joritas

O contacto cos “nosos homónimos” andaluces non é de agora, senón que xa ven de anos atrás. Estiveron con nos celebrando o VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en xullo de 2005, e desde aquela mantívose o contacto, de feito varias embarcacións galegas asistiron ao seu I Encuentro Marengo, un evento realizado no seu centro de operacións, no malagueño barrio de Pedregalejo, onde se atopan os Astilleros Nereo, unha carpintería de ribeira emblemática coa que teñen unha especial relación.




A ruta no GPS

Ofrecémosvos, por xentileza dos amigos do CD La Espailla, unha imaxe de satélite na que se ve o trazado que completaron na etapa que cubriron desde o Porto de Meloxo, no Grove, ata Vilaxoán.


A tropa no Obradoiro "de plantón"

Tamén nos comentaba Carlos González que chegaron á Praza do Obradoiro para recibir a bendición obispal (a ese barco non lle entra máis o bicho), pero o bispo debeu de salir o sábado anterior porque non asistiu á cita.

Quedamos coa intriga da historia do obispo durminte.


3 comentarios:

bou de vara dijo...

Sr. Lino non falar mal do bispo que non foi culpa del. O caso é que ese venres veu senar con nos a de Cholo e a cousa liouse un pouco.

andrea dijo...

jejej, acabáranos!

Lino dijo...

ahí vai unha composición videográfica da expedicción que acaban de colgar no youtube (o bispo non sale)