Estamos en tempo de postulados e candidaturas para o X Encontro de Embarcacións de Galicia, polo de agora, segundo soubemos pola prensa, hai dúas iniciativas para acoller a décima edición e vixésimo aniversario da Grande Festa da Cultura e o Patrimonio Marítimo.
Hai que recoñecer que o feito de que concorran dúas candidaturas para a celebración dun Encontro é sempre unha boa nova, xa que os que estamos metidos nesto sabemos moi ben o que implica meterse en fonduras organizativas a este nivel.
A Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa, e a Asociación Cultural Rompetimóns, de Carril, en conxunto coa Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán, son boa mostra da boa saúde da que goza a actividade máis representativa da FGCMF.
O prazo continúa aberto para aquelas entidades que desexen que o seu porto sexa sede do X Encontro, polo que no Boudevara decidimos animar un pouco o cotarro con unhas poucas fotos de encontros pasados, para ir abrindo boca, ata que a Xunta Directiva da Federación faga pública a súa decisión.
A Meca entrando en porto. Muros 2009
Ben, e como xa fixemos no ano 2009, imos abrir unha enquisa para mirar as preferencias do persoal.
Así que en boudevara podedes manifestar as vosas preferencias e despois xa miraremos se acertades coa elección oficial.
Ahí vos quedan as noticias ás que nos referimos:
6 comentarios:
Moi boa entrada Lino, xa dan gañas de estar no vindeiro Encontro, que coma sempre agardamos sexan os mellores. Polo menos dende este blog imos poñer todo da nosa parte para difundir o que será o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
De todas formas non estaría mal, xa que en principio temos dúas candidaturas, abrir unha enquisa para ver as preferencias do persoal.Que pensas?
Bem pensado companheiros...
andei a rever fotos em papel...bonitos encontros e bonitas memorias por cá andam...
abraço desde o sul
Lino :), que eu sepa soio hai un proxecto de candidatura o de Vilagarcía. Ningún mais, tampouco se dixo en prensa, as faladurías eso son, faladurías.
Fernando:
son consciente de que teño un mundo de defectos, pero o de trampón non está na lista.
O 16 de xaneiro a ACD Dorna mantivo unha xuntanza na Escola de Pau na que se trataron varios temas, o punto 4 da orde do día era:
"Proposta de apresentar a Candidatura da Arousa como sé dos próximos Encontros de Embarcacións Tradicionais. A proposta tivo apoio maioritario."
esto consta no blog da ACD Dorna, neste enlace:
http://acddorna.org/blog/blog.php?id=201
Agora que si a candidatura non foi avante xa non o sabemos, pero si se publica no blog oficial da Asociación Cultural Dorna entendemos que transcende de un rumorou faladuría: unha cousa é falar na taberna e outra é escribilo e publicalo no blog.
Non te me alteres, non sabía que saira o da Illa no Faro, eu non o vira, si sabía de que podía ser, eu estaba na reunión. O problema e que as cousas das asambleas, das asambleas son, o afán por informar perdenos. O que sí sabía era que o aparecer Carril, como din nos casinos novamas. Non te me alteres!!
Eu non me altero Fernando, pero antes de falar haberá que saber o que se di.
Se dis que o problema é que as cousas non poden sair das asambleas xa non será culpa miña, pero os blog son públicos e universais e supoño que terá que estar ben definido o que trascenda e o que non, para que as cousas sexan privadas hai outras fórmulas como os webring, intranets, etc... que teñen o acceso restrinxido.
O que quero que quede ben claro é que en ningún momento me referín a "faladurías" (que tamén as hai e aqui non se tratan) solo a datos públicos, como queda ben patente.
Ademais esto é un simple blog sen máis pretensións, gústanos este mundillo e por eso falamos del, sin mais.
Publicar un comentario