Translate

miércoles, 31 de marzo de 2010

A Araceli no Grove



O pasado martes tiven oportunidade de coñecer aos amigos da Club Deportivo La Espailla, un grupo de amigos veteranos nesto do tema cultural e mariñeiro do barrio de El Palo, en pleno centro de Málaga.


O amarillo é a súa cor


Atópanse nestes mares esta semana inmersos nunha actividade que consiste vogar desde Arcade a Padrón, recreando a Ruta Marítima Xacobea. A pasada fin de semanas botaron ás augas galegas a súa barca de xábega ‘Araceli’, unha embarcación propia da Mediterráneo, construída hai algo máis de dous anos nos Astilleros Nereo, na mesma Mágala.

A ‘Araceli’ é unha réplica recente da ‘Nuestra Señora Virgen del Carmen’, a orixinal que conta con máis de 180 anos de vida nas súas madeiras; que mide 9 metros de eslora, pinta de branco e ten uns detalles moi coidados.



Preparando para botala ao mar

O mal tempo que lles cadrou desde a fin de semana forzounos a facer cambios no plantexamento da expedición, polo que decidiron achegarse por terra a Porto Meloxo, para volver a botar ao mar a embarcación e continuar remando desde alí cara a Padrón. Alí fun recibir ao grupo, que viña acompañado por Braulio Puga.





Unha vez alí, Braulio presentoume ao responsable da loxística e portavoz da expedición, que era Carlos González, un galego de Pontevedra que leva moitos anos afincado en terras malacitanas. Foi quen me contou que o CD La Espailla ten documentada a existencia de 9 barcas de xábega e que dúas delas (máis esta réplica) atópanse no poder do colectivo, e que están en perfecto estado de coidado e navegación, aínda que preferiron empregar a ‘Araceli’ para esta viaxe, a plota reúnese para celebrar 8 regatas a remos nas fins de semana de xullo e agosoto. Carlos tamén me falou de que estas embarcacións son de orixe fenicio, proba da fama de grandes navegantes desta civilización, e que este é o motivo de que luza nas amuras ese ollos tan características.






Botei unha man para baixar o barco do carro, fixémonos unhas fotos todos xuntos cas súas roupas amarelas, despedímonos e alá foron remando rumbo a Vilanova de Arousa, nunha etapa máis para completar a súa viaxe. O próximo domingo estarán na santiaguesa Praza do Obradoiro, con furgón, remolque, barco e todo para que o bispo lle bendiza a ‘Araceli’, e de volta para Málaga, pero esta vez sen remar.




Braulio de reporteiro a bordo facendolle fotos ao patrón

4 comentarios:

bou de vara dijo...

Sr. Lino, quedouche unha entrada moi..... fenicia.
Por certo,non van para en Cambados?
Un saúdo

Lino dijo...

Pois non, a idea que tiñan era de ir entrando na ría, rumbo a padrón, porque tiñan o tempo contado. Do Porto de Meloxo foron para Vilaxoán sin escalas.

carlos,o galego de malaga dijo...

Lino,soy Carlos Gonzalez.He leido tu entrada y veo vuestro interes y admiracion por nuestra barca.Ya estamos en casa!Agradecerte tu acogida aunque haya sido breve.¡Que puerto mas bonito teneis!Os envidiamos.Llegamos al Obradoiro,pero...el obispo se quedo dormido.Esa es otra historia.Un abrazo.Estamos en contacto

Lino dijo...

Carlos:
Moitas gracias por visitar e participar neste modesto blog.
Por suposto que nos merece admiración e respeto a vosa embarcación, como todas as iniciativas que respondan á conservación e fomento da cultura mariñeira en todas as súas manifestacións.
Mándame un mail a linoprieto@gmail.com
que che quero comentar un par de temas.