Translate

martes, 18 de agosto de 2009

O RAKÚ

Amarrado en Muros. Foto: Joan Sol


Xa temos falado nalgunha que outra entrada sobre o racú dos Amigos da Dorna Meca. Hoxe volveremos sobre os nosos pasos para afondar no carácter desde barquiño e a súa navegación. O RAKÚ, que así se chama, mercouse en Cambados nos primeiros tempos da Asociación, cando Manolo Parada e compañía botaban o tema a andar. O barco traballou como naseiro e estaba algo tocado pola falta de uso. Cando chegou ao Grove os irmáns Garrido ocupáronse de axeitalo, de casco e cuberta, e aparellouse para velear.
Por circunstancias inherentes ao xeito de funcionar e a vida das asociacións o Rakú caeu no desuso, cousas que pasan… e foi no 2004 cando se lle volveu a botar a man, con moita boa intención pero con demasiados bances tocados como para ser “remendos”.
O racú en 2004 foi "asistido" de novo. Foto: Lino Prieto

Finalmente valorouse solicitarlle á Consellería de Pesca, agora de Mar, a posibilidade de que os alumnos do módulo de Carpintería de Ribeira do Centro de Formación A Aixola, ponderan formarse e empregar o seu tempo na restauración de un barco real e ao que se lle daría uso unha vez recuperado.
Así foi, o barco estivo un tempo en Marín e volveu para O Grove, onde continúa a darlle satisfacións aos que o empreñan para velear. A súa primeira saida unha vez reparado foi para participar no IX Encontro de Muros, a onde foi e volveu sobre a toldilla do Hidria (de novo gracias!).

Navegando en Muros. Foto: Joan Sol


En Muros houbo unha anécdota ben bonita, cando varios dos Amigos da Dorna Meca estaban a aparellar para sair achegouse un rapaz no pantalán que prestaba moita atención á manobra, preguntou se ese era o “racú do Grove” ao que se lle contestou que si, resulta que este mozo traballou na rehabilitación do barco nun dos cursos da Aixola. Inmediatamente foi convidado a embarcar e pasar a tarde veleando na saída a Monte Louro.
Hoxendía o Rakú está amarrado no porto meco e sae cada pouco a navegar.
No porto do Grove. Foto: Lino Prieto

Particpando na II Regata de Clásicos, San Vicente. Foto: Lino Prieto

11 comentarios:

bou de vara dijo...

Ese racú ten máis vidas ca un jato. ¡De cantas safou!.
Non ai moitos anos ninguén daba un peso por él..., pero agora aí o está.
Teimando se pode, está claro. Siganos teimando.

lino dijo...

A verdá é que se safou de unhas cantas, pero penso que foi cousa de mala sorte e porque nunca se lle sacou o partido que se lle pode sacar a este barco.
Este inverno vai estar gardadiño e montaremoslle un motor que nos cedeu un mariñeiro dos que nos axuda en todo o que pode. Esperamos que para o ano usemos para ir ás regatas coas dornas pola popa.
Polo de pronto eu xa o saquei a vela un par de veces, Toli saiu nel esta semana, e hoxe habia de idea de sacalo a acompañar á Meca na saída aberta, que tivemos que suspender por falta de vento.
E temos unha saída pendente nel eh Xaquin!

bou de vara dijo...

Ides levalo a Combarro?. Si é así apúntome para a regata da pamplina.
Eu teño previsto saír para Combarro o sábado pola mañán a eso das 9. Pero estamos escasos de tripulación así que si alguén quere vir no Rana que se apunte, de momento temos praza.

lino dijo...

Xaquin:
Non sei se a Meca irá a Combarro ao final, en principio imos levar a Semparada e a Siña Pepa, polo menos, e logo irán os barcos grandes. saimos o venres despois de comer. ainda que as polbeiras chegarán a Combarro mañaán.

bou de vara dijo...

Lino, que tal o pasaches na regata de San Vicente?

lino dijo...

Pois pasino coma dios, fun a bordo do Miña Miniña, ainda que os barcos da asociación tamén participaron.
Houbo un vento coj*nudo, eu saindo ao mar é raro que non o pase ben.
E ti que tal?

bou de vara dijo...

Moi ben, empezei no Novo Sofía de Vilanova (víñamos de Combarro) pero pasei toda a regata con Santi na Lavanqueira a traballar arreo. Saímos con dous rizos, despois no faro do Picamillo descosimos un. Na segunda volta con proa á praia de Paxariñas descosemos todo. E no tramo final da regata votamos de menos os rizos pola trancallada de vento que se levantou xa caendo a noite.
Pasámolo ben pero penso que tiña que ser unha volta para os barcos grandes e para as dornas unha volta chegaba (moi largo meo).
O colega de Santi fixo moitas fotos, a ver se as vemos no blog da Fasquía.
Por certo non te vin en Bueu. Vémonos en Ons.

Lino dijo...

non dou feito tio!!
Este sabado ou vou a un campeonato de pesca aqui no Grove ou marcho para vigo á rejata do principe.
Xa temos falado de que lle teño perdido o justo a Ons... e hai a ostia que non vou.
quedamos mañan pola mañan pa navejar no racú¿?

barcoantigo dijo...

Muito se navega por estas bandas...
Abraço desde Viana

Lino dijo...

amigo Joao, non se navega tanto como se quere, pero este ano si que se estan a mover os barcos.
apertas

bou de vara dijo...

Moi boas Joao. Xa que ai moitas gañas de navegar, propoño facer unha travesía ate as Azores.
Ajora tan só temos que buscar barco, tripulación e tempo.
que te parece?