Translate

lunes, 24 de septiembre de 2012

VERÁN II


Con ollos de Gato (2ª parte)



Continuamos coas imaxenes do final do vrán,
agora que xa estrenamos  o outono,
realizadas por Rafael Padín
( O Gato),






 
Desembarco de Ons
14, 15 e 16 de setembro

praia das dornas


Evento organizado pola Asociación Os Galos de Bueu e Amigos da Dorna de Portonovo, que marca en gran medida a fin da tempada de navegación para as embarcacións tradicionais.









Bitácora: Saímos no RANA na mañán do sábado 15 de setembro. Ceo despexado, temperatura alta e vento frouxo. Tripulación: Toño cesteiro, Lola e Rafa Padín, (+eu).









 Como case en todas as saídas deste ano, ao pouco de saír, aparecen os primeiros indicios de arroases:











Acompañaronnos durante un bó treito ata aproximarnos ao Centolo. 
Videos:
anexo Verán II













Imos chegando:


 



Detalle: Furna a carón da praia de Melide


Desembarcamos coa axuda da neumática
H: 14.20h


Toño "O Cesteiro"





Algúns dos organizadores

Ao caer a noite nos acompañan outros barcos fondeados nas boias do norte:


Esquerda: Bote polveiro      Asociación: Os galos de Bueu       Dereita: traíña


"Nordwest". Holanda

Anxo         Dorna "A Jatiña".       Amigos da Dorna de Portono


DESEMBARCO EN SALVORA

Domingo 15 de setembro.

Saimos de Ons pola mañán con rumbo a illa de Sálvora. Vento lixeiro con tendencia a afrouxar

Ons e o Centolo pola popa do RÂNÂ.


Imos chegando a SALVORA

 
 
Amarramos no embarcadeiro. Praia "do almacén"



A Illa de Sávora pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e dende hai pouco é de titularidade pública.
O arquipélago  está formado por distintos illotes dos que destacan o de Sagres, Noro e Vionta.

Para visitar a illa é preciso dispoñer do permiso de navegación e fondeo (www. itlánticas.es).

Algúns roteiros son libres, como o do Faro e o do Castelo.
Outros, como o da aldea, se realizan por grupos acompañados polo guía do Parque previa solicitude.  


O primeiro que nos atopamos é o Castelo, edificado sobre a antiga salgadeira e a serea dos mariños. 




Foi a primeira salgadeira da Ría de Arousa. Fundada no 1770 por Jerónimo de Hijosa

A serea representa a lenda dos Mariño de Lobeira, presente nos escudos de armas que se poden ver en pazos e casas dos concellos da Ría, por exemplo en Cambados.







    
Camiño do Castelo. A capela actual era a antiga taberna dos habitates da illa e dos mariñeiros que se achegaban como porto refuxio.
  
Paisaxe e vexetación: 
























Xunco mariño                                                                      Empregáse para a confección de nasas


Camiño do Faro.

 
Despois de realizar as visitas guiadas á salgadeira e a aldea, despedímonos do guía e enfilamos cara o Faro situado na cara sur.

Este Faro foi testemuña de moitos naufráxios.
O de máis soa, o do vapor "Santa Isabel", na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, nos baixos da "Pajar", a escasos 200mts do faro.
Recíbenos Javier, o farero




O faro por dentro:


 
antiga lámpada de petróleo para iluninar o faro
 
Actual luz do faro
As vistas dende o Faro:












castelo                                                              nos                                    Rana

 Camiñamos de regreso ao RANA.

Sálvora despídenos con néboa que se achega dende a costa de Aguiño e nos envolve rapidamente ao pouco de soltar cabos.
Navegamos coa axuda da carta e do GPS.




detalle: camiño na prolongación dunar
 

Rafa Padín (O Gato). Cámara dixital
recollendo velas ante a néboa



Comprobando o asubio no medio da brétema


remate: Foi unha fin de semana marcada pola xornada do domingo en Sálvora. Agradecementos a Pedro (guía do Parque) e a Julio (o farero) por unha tarde inesquecible. E saúdos aos compañeiros de navegación, Lola, Toño e Rafa por unha fin de semana intensa da que seguro non vos esqueceredes en moito tempo.