martes, 13 de julio de 2010

I VARADA EN SAN TOMÉ (CMS)



Xa temos á vista a I Varada de Barcos Tradicionais en San Tomé que organiza o Clube Mariño de Salnés de Cambados e que presenta unha combinación de actividades interesante. A data foi elexida especialmente por vaios motivos: é o día de San Antonio, patrón da Confraría de Pescadores de Cambados e temos unha marea chea as 21.30h, que posibilita combinar á Varada coa Regata dos Faros do Grove organizada pola Asociación Amigos da Dorna Meca que vai ter lugar as 16.00h. Unha vez rematada a Regata dos Faros farase navegación en travesía a Cambados para varar os barcos na praia de San Tomé. Haberá sardiñas e música e algunha sorpresa, finalizando co concerto de Treixadura que actúa con motivo da festividade de San Antonio.

No blog do CMS (cmarinhosalnes.blogspot.com) dase conta da programación.
O sábado 17, vémonos no Grove e Cambados.

3 comentarios:

  1. Ahí estaremos majete.
    Pola nosa parte estrenamos local social, na praia de confín, que é onde imos facer a entrega de premios e despois seguir navegando para Cambados.

    ResponderEliminar
  2. Ola Lino, ai que levar jarabata para a inauguración do local social?

    ResponderEliminar
  3. rógase etiqueta: cabaleiros de negro e damas de traxe largo

    ResponderEliminar