Translate

jueves, 2 de octubre de 2014

Conservar a Memoria

Semella claro que un dos principais motivos que teñen as Asociacións de cultura marítima en xeral, é o da recuperación e conservación dos vellos barcos dos nosos antergos. De igual maneira, os blogs de temática mariña, tentar recuperar historias que forman parte do noso acervo cultural, e si a recuperación das nosas embarcacións é unha angueira importante, tamén semella un acto de xustiza, lembrar de cando en vez, a aquelas persoas que constribuiron a que eses barcos e as historias dos homes que navegaron neles, perduren na nosa memoria.  

Así o fai por exemplo, o blog Vida Marítima nunha entrada do 19 de outubro de 2012, que leva por título "El Vapor Ferrolano", onde se conta a historia da orixe do vapor "Ferrolano" extraída do libro "Remolcadores y Lanchas Remolcadoras de la Armada 1860-1949. (Autor: Alejandro Anca Alamillo. editado por: Damaré Edicións.2007).


Reproduzco a entrada de xeito resumido:

                                                         www. vidamaritima.com/

El Vapor Ferrolano

Leamos parte del texto del capitulo “Primeros Remolcadores de la Armada”: …”La Armada española no fue ajena a esta necesidad, y el 23 de abril de 1859 se autoriza la adquisición de cinco remolcadores de ruedas que fueron contratados con las casas británicas “J. & A. Blyth y George Rennie & Sons”  Denominados provisionalmente para su viaje a España con los nombres de SPEEDY, RAPID, SWIFT, HERCULES y LEOPOLDO, sus potencias variaban entre los 100 caballos nominales en el caso de los dos primeros; los 90 del tercero; y los 50 de los dos últimos.






Mas adelante, el autor cita: …”El RAPID, botado el mismo día que su gemelo, fue destinado al Arsenal de Ferrol, saliendo del astillero inglés el 4 de septiembre de 1860 para tomar a su llegada el nombre de remolcador NUMERO 1. Al poco de entrar en servicio, y encontrándose bajo el mando del Alférez de Navío D. Eduardo López y Portocarrero, acudió en ayuda de un mercante ruso que se encontraba a punto de naufragar, consiguiendo tomarlo a remolque a pesar del grave riesgo que conllevaba la maniobra. Ya a salvo, el comandante del remolcador NUMERO 1 de Ferrol se negó, pese a los reiterados ofrecimientos, a recibir recompensa alguna, no aceptando siquiera el pago del carbón que su buque consumió durante el salvamento.Comunicado el hecho por el Cónsul a su país, el príncipe Gorschacoff, Ministro de Negocios Extranjeros, y por orden de S.M. el Emperador, concedió a D. Eduardo López y Portocarrero, la “Cruz de Santa Ana” el 20 de abril de 1862.




En 1873, el Remolcador NUMERO 1 es rebautizado como FERROLANO y, como ya reseñamos con motivo de la 3ª Guerra Carlista es artillado y reclasificado como vapor de ruedas, aumentándosele como al anterior de manera ampulosa su dotación, que acabo estando formada por unos 56 hombres, a los que se sumaron durante el transcurso del conflicto un segundo medico y un practicante mas”…
El libro continua narrando su vida operativa, movida tanto en lo militar como en su función de salvamento, hasta el momento de su retirada de la Armada. Según el autor: …”Ordenado su desarme el 29 de agosto de 1893, fue dado de baja de forma oficial el 27 de marzo del año siguiente, lo que le hizo servir a partir de entonces como pontón adscrito al Departamento de Cádiz, hasta que en 1897 fue subastado en Ferrol”…




Eduardo López y Portocarrero



O blog Vida Marítima sigue narrando a vida do vapor Ferrolano unha vez que éste foi retirado da Armada, pero a min particularmente, interésame o relato do salvamento do mercante ruso porque dende moi neno, teño escoitado esa "mesma historia" contada pola miña tia avoa María López Padín. A verdade é que soprendeume leer no blog Vida Marítima como o autor do libro, Alejandro Anca Alamillo, narra ese acontecemento cun paralelismo asombroso coa versión que tantas veces teño escoitado na casa. E por cousas do destino, e se cadra da xenealoxía, mei pai quixo que eu conservara esa medalla da "Cruz de Santa Ana" concedida a Eduardo López Portocarrero, o meu tataravó.   


A Orden de Santa Ana

Estrella da orde de Santa Ana
A Orden de Santa Ana foi unha Orde de Cabalería do Imperio Ruso creada por Carlos Federico de Holstein-Gottorp, (Duque de Holstein-Gottorp), o 14 de febrero de 1735, na honra da súa difunta esposa, a Gran Duquesa Ana Petrovna Románova, filla do Zar Pedro I de Rusia.

Nun principio foi unha orde de carácter privado, pero o Zar Pablo I de Rusia, fillo de Catalina II de Rusia, conferíulle categoría de premio estatal do Imperio Ruso para condecorar a funcionarios do Gobierno e Militares, e a partires de 1828, a Orden de Santa Ana de Terceiro Grao, podíase otorgar como premio civil.


 O último Gran Maestre oficial da Orde, foi o Zar Nicolás II, asasinado polos bolcheviques o 17 de xulio de 1918 en Ekaterimburgo, xunto con toda a súa familia. A Orden de Santa Ana, xuntamente con todas as Órdenes Imperiales foi suprimida en 1917 polo Comité Executivo Central, despois da Revolución de Outubro, se ben na actualidade, a Orde pertence á Casa Románov e as medallas otórganse como recompensa dinástica pola Familia Real no exilio.





A Medalla 
Cruz de Santa Ana otorgada a Eduardo en 1860

Xa choveu dende aquel ano de 1860 no que se deron os acontecementos referidos na entrada no blog Vida Marítima. Dende entón, pasaron moitas cousas, e ao igual que ao Vapor Ferrolano, a irrupción da 3ª Guerra Carlista petoulle de cheo ao daquela xoven Alferez de Navío Eduardo López, a quen o destino levaría a entrar en servicio de Isabel II (Raíña de España de 1833 a 1868),  a quen alcumaban como " A dos Tristes Destinos". Pero esa é outra historia, e hoxe, o único que vexo cando miro a Estrela de Santa Ana do meu tataravó, é a imaxe agradecida das persoas que aquel día de 1860, lograron salvar a vida grazas ao Remolcador Ferrolano, e se cadra ainda hoxe en día, nalgún sitio da lonxana Rusia, os descendentes da tripulación daquel mercante ruso, escoiten por boca dos seus antergos, o mesmo relato que eu escoitei de neno. 





Remate

Estou seguro de que é así, porque en calquera parte do mundo, a Memoria segue a ser o barco que viaxa polo tempo transportando contos e historias que xamais se deberían esquecer. Conservemos pois a Memoria daqueles que adicaron a súa vida a evitar os Tristes Destinos e de paso, que esta entrada sirva de homenaxe a todos os homes e mulleres que traballan e traballaron en Salvamento Marítimo.
(en memoria de Eduardo López Portocarrero).


anexo:

(fragmento árbore xenealóxica dende Eduardo López Portocarrero até meu avó Egidio López Padín).

(1) referencias a Egidio López Padín neste blog: 
http://boudevara.blogspot.com.es/2009_10_01_archive.html
http://boudevara.blogspot.com.es/2008/10/unha-tarde-coa-remadoira.html
http://boudevara.blogspot.com.es/2008/10/clave-est-no-libro-de-morling.html

(2) Referencias a Eduardo López Padín neste blog:
http://boudevara.blogspot.com.es/2010/09/o-artico.html