Translate

martes, 2 de abril de 2013

CAMBADOS EN BRANCO E NEGRO II

Imos continuar coa 2ª entrega de imáxenes antigas de Cambados que corresponden na maioría dos casos cos anos 50 do século pasado. A fotografía antiga da mostra de moitas cousas que non fai fallar mencionar, chega con mirar e imaxinar, de igual xeito que as coplas que circulaban pola vila nesas datas, nos revelan alcumes que aínda hoxe perduran, e as veces, sorprendemonos co emprego distinto da toponímia..., en todo caso ecos dunha mesma voz.


  "Na taberna do Charelo, xogan a brisca o Catelo, Pombo, Vieho, Piroleiro, Pepú, Crego, Corbatilla, Cuco, Pataco, Esparrilla, Caja-rabisas io Cordeiro."
Alfonso Caamaño Silva. 1885  

Avieiras do Bahído, 
zamoriñas de Xestelas, 
birbirichos do Sarrido 
e xoubiñas de Cestelas.  
Copla anónima. anos 50






2ª entrega:

Cambados. Vista aérea. Anos 50










 



- E así eran as Goritas antes de que as cousas do progreso xustificasen o seu recheo para facer unha illa artificial onde aparcan os coches os días de mercado e onde os moz@s fan botellón nas fins de semana.


Pedras "As Goritas", tamén chamadas A Ostreira


Limpando o peixe
 


- Mariñeiros, barcos e aparellos:




 





























 - e peixe:


Barco de Cambados decargando en Vigo
 
 - Galeóns:

Tamén Cambados tiña os seus galeóns. Algunhas destas imaxes xa teñen aparecido noutras publicacións coma a que ten editado o Grupo Etnográfico Mascato baixo o título "Galeóns de Arousa" no ano 1997.


Descargando ladrillo





detalle: navegando co petifoque e maior en cangrexa sen botavara



Amarrado no muelle de Cambados


 -Pero cecáis, o que mellor representa ao Cambados mariñeiro, sexan as gamelas e as súas mulleres mariscadoras:















- sen esquencer ás redeiras, ou "atadoras" como lle gusta chamalas ao noso Lino Prieto.




 
 - e tamén tiña dornas "mecas", coma estas amarradas na praia do Borrón, hoxe como non, desaparecida baixo o recheo do Paseo Marítimo de San Tomé.
Pregunto: ¿Algún día alguén repostará ante tanta desfeita?




  
remate:


Deixamos aquí a segunda entrega coa que queremos ir conformando unha ollada que xa non é posible máis alá dos arquivos fotográficos. Os cambios na paisaxe, van deixando atrás unha ribeira sepultada baixo un recheo de olvido. Dende aquí faremos o esfozo de imaxinala ainda que sexa de esguello e por un breve instante, como a mirada do vello mariñeiro que semella anticipar unha inmensa adversidade. 

 
auga salgada ao fin baixo a miña nave de madeira vermella
comezo a viaxe cara o máis fermoso da liña do horizonte
onde me deitarei e volverei respirar salitre en cada bocanada de vida


Ramón Nogueira
do blog Frores Versadas





-Fonte: arquivo Confraría de Pescadores "San Antonío" de Cambados